Atol Tikehau
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
| Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Rangiroa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 461 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Tikehau é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Rangiroa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 300 km ao nordés de Tahití e a 10 km ao oeste de Rangiroa.
Tikehau é un atol case circular de 26 km de diámetro e dunha anchura de entre 300 e 1.000 m, cun único paso para barcos pequenos. A superficie total é de 20 km²;. É considerado o atol con máis peixes das Tuamotu. Abundan raias, barracudas, atunes e quenllas grises. Tamén ten numerosas colonias de aves nos illotes illados da lagoa. A economía baséase na recolección de copra, na pesca que achegan no mercado de Tahití, e no turismo. A vila principal é Tuherahera e a poboación total era de 409 habitantes no censo de 1996. É rechamante que entre esta poboación reducida coexistan catro relixións: a maioritaria sanito, rama disidente dos mormones, e ademais protestantes, católicos e adventistas.
O nome Tikehau significa «aterraxe para a paz». Foi descuberto polo ruso Otto von Kotzebue en 1816, que o chamou, en honra ao primeiro explorador ruso do Pacífico: Krusenstern.
