Atol Tematangi
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
| Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Tureia | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 0 (2007) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 61 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Tematangi é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado no sueste do arquipélago, a 160 km ao oeste de Mururoa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Tematangi é un atol triangular de 11,5 km de longo e 7 km de ancho máximo, cunha superficie de 7,7 km² e cunha lagoa relativamente profunda de 61 km². Atópase a 121 km ao oeste do atol de Mururoa, o máis próximo, e pertence á comuna de Tureia.
En 2002, o atol estaba habitado por unhas cincuenta persoas, na súa maioría na vila de Tuihana.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto polo inglés William Bligh en 1792, na súa segunda viaxe logo de sufrir o amotinamento do Bounty, e chamouno Lagoon Island. Tamén foi chamado Bligh's Lagoon para diferencialo de Cook's Lagoon (Vahitahi).
Tematangi está xusto nas antípodas da Meca. Isto significa que a dirección correcta da oración musulmá (qibla) varía enormemente entre Tematangi e as súas illas veciñas.
