Atol Tatakoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tatakoto
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 227 hab.
Superficie 7´3 km²
Superficie lagoa 20 km²
Nº de illas >30
Coordenadas 17°20′S 138°24′O / -17.333, -138.400
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Tatakoto é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado ao leste do arquipélago, a 1.182 km de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

De 14 km de longo e 3,5 km de ancho, o atol está formado por unha illa longa e 65 illotes que pechan a lagoa sen ningún paso practicable cara ao océano. A vila principal é Tumukuru, e a poboación total era de 247 habitantes no censo de 1996. Ao ser un atol moi illado, administrativamente forma unha comuna. Dispón dun aeródromo.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberto o mesmo día por dous españois. Na segunda expedición do Águila os dous capitáns, Domingo de Boenechea e José Andía y Varela, separáronse ao saír de Perú e non se volveron a atopar ata Tahití. O día de San Narciso de 1774 os dous desembarcaron en Tatakoto sen atoparse. Historicamente tamén se coñeceu como San Narciso e de Augier.

José Andía describíao como «sumamente agradable á vista por estar moi poboada de arboredos». A principios do século XX estableceuse un colono francés e o replantou de cocos que hoxe cobren todo o atol.