Atol Napuka
| Napuka (fr) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
| Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Napuka | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 271 (2007) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 18 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Altitude | 7 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Napuka é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Forma parte, xunto con Tepoto Norte, das illas da Decepción. Administrativamente é a capital dunha comuna que inclúe os dous atois. Está situado ao nordés do arquipélago, a 926 km de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un atol de forma ovalada, de 9 km de longo e 3 km de ancho. A lagoa ocupa unha área de 18 km² e as terras emerxidas, 8 km². Non existe un paso practicable entre a lagoa e o océano. O anel coralino está formada por dúas illas e 32 illotes. Na illa do leste hai un aeroporto, e na illa do norte a vila principal: Tepukamaruia. A poboación era de 253 habitantes no censo de 2002, co principal recurso económico da produción de copra.
Historia
[editar | editar a fonte]Napuka foi colonizado desde os atois veciños das Tuamotu. Atopáronse restos arqueolóxicos dunha decena de maraes, con cunchas de tartarugas no subsolo. O atol é un dos lugares utilizados polas tartarugas mariñas para aniñar. O primeiro europeo en chegar foi o inglés John Byron en 1765. Tamén se coñeceu como Whytoohee e Tepukamaruia.
