Atol María Leste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Leste
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 3 km²
Superficie lagoa 7 km²
Nº de illas
Coordenadas 22°0′S 134°14′O / -22.000, -134.233
Maior Altura
Localización
Localización do atol

María é un atol situado no extremo sur das Tuamotu, a 163 km ao noroeste de Mangareva. Tamén se denomina Maria Leste para distinguilo dos illotes María, nas illas Austrais. Administrativamente depende da comuna de Gambier.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un atol pequeno cunha lagoa pechada de 7 km². A superficie terrestre é de 3 km², cheo de cocos e árbores do pan. Está deshabitado e é visitado ocasionalmente polas plantacións de cocos.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome é de orixe polinesio sen ningunha relación coa Virxe María. Foi descuberto en 1832 por Thomas Brill, do Amphitrite. En 1837, o capitán Wright, do Medway, chamouno Wright Lagoon. Tamén se coñeceu como Moerenhout.