Atol Manihi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manihi
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 818 hab.
Superficie 13 km²
Superficie lagoa 160 km²
Nº de illas
Coordenadas 14°27′S 146°04′O / -14.450, -146.067
Maior Altura 9 m.
Localización
Localización do atol

Manihi é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 500 km de Tahití. É un atol ovalado de 27 km de longo e 8 km de ancho rodeado por moitos illotes e un paso ao interior da lagoa profundo e navegable. Cerca do paso, ao extremo suroeste, atópase a vila principal de Paeua, cun aeródromo. A poboación total é de 818 habitantes (datos do censo de 2007). Na lagoa hai moitas granxas de cultivo de perlas. É un dos primeiros lugares onde se comezou a cultivar as apreciadas perlas negra características das Tuamotu.

Probablemente foi poboado a partir do ano 600 dC. Atópanse dúas plataformas cerimoniais antigas, os marae polinesios, construídos con bloques de coral. Os primeiros europeos en chegar foron os neerlandeses Le Maire e Schouten, en 1616. Foi o primeiro lugar do Pacífico onde puideron proverse de auga, e chamárona Waterlandt (terra de auga).

Manihi, lagoa e motu.
Casa na vila de Turipaoa.