Atol Kayangel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kayangel
Imaxe do satélite da NASA: No norte, o gran arrecife de coral Velasco mergullado, Ngaruangel no centro, e no inferior dereito o atol Kayangel, e por baixo a barreira de coral ao norte Babelthuap, Arrecife Ngerchelong
Datos
País Palau
Illa principal Kayangel
Linguas
Poboación (2002) 138 hab.
Superficie 1,39 km²
Superficie lagoa 5,9 km²
Nº de illas 4
Coordenadas 08°04′N 134°42′L / 8.067, -134.700
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Kayangel é un pequeno atol de Palau, 24 km ao norte de Koror. Ten unha extensión de 2,6 km de longo e 1,3 km de ancho; deste atol forma un dos dezaseis estados do país. A superficie terrestre é duns 1,4 km². Existe unha lagoa no centro e está conformado por tres illas; a illa principal, unha pequena illa cun campamento e un pequeno illote. É habitado por aproximadamente 138 persoas (en 2000).

Ao redor de 25 grandes columnas de coral poden ser identificados nas fotografías aéreas. No lado oeste do atol esta unha pequena apertura a través da cal os barcos poden pasar a través da lagoa.

Kayangel ten catro illas boscosas ao longo da zona oriental e meridional Riffkranzes, das que só a illa no nordés Kayangel (Ngajangel) esta habitada. As outras illas no atol, incluíndo Ngeriungs, Ngerebelas e Orak non están habitadas.

As únicas fontes de enerxía veñen de paneis solares e de xeradores persoais. Existe unha pequena escola e un almacén xeral. O acceso á illa é por lancha rápida e toma dúas horas o traxecto.

O estado consta de tres atois: Kayangel, Ngaruangel e Velasco Reef.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.