Atol Hikueru
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | ||||
| Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
| División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
| Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Hikueru | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 79 km² | ||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Hikueru é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no centro do arquipélago, a 700 km ao leste de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O atol ten unha forma ovalada con 15 km de longo e unha superficie terrestre de 5,11 km² máis 19,47 km² de arrecifes. A lagoa, de 82,5 km ², é profunda, sen ningún paso navegable pero con numerosas canles
A vila principal é Tapupati, e a poboación total é de 150 habitantes no censo de 2002. A poboación vive principalmente da produción de copra. Dispón dun aeródromo.
Historia
[editar | editar a fonte]O atol foi descuberto polo francés Louis Antoine de Bougainville en 1768. Tamén se coñeceu historicamente como Melville, e Domingo de Bonaechea, en 1775, chamouno San Juan. En 1906 sufriu os efectos dun ciclón que causou a morte de 377 persoas. Ata os anos 1970 foi un dos grandes centros de recolección de perlas.
O escritor Jack London describiu os efectos do ciclón en Hikueru no seu conto «The house of Mapuhi», incluído en «South Sea Talles» (1911). A escritora catalá Aurora Bertrana escribiu un conto romántico e de aventuras sobre Hikueru: «Tekao», incluído en «Peikea, princesa caníbal i altres contes oceànics» (1934), e ampliado posteriormente como novela curta en «Ariatea» (1960).
