Atol Erikub
| Tipo | Atol división administrativa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Cadea Ratak | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Cadea Ratak | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Illas Marshall | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 25 m | ||||
| Superficie | 1,53 km² | ||||
O Atol Erikub é un atol deshabitado localizado na área central da Cadea Ratak nas Illas Marshall. O atol está lixeiramente ao sur dun atol lixeiramente máis grande chamado Wotje.
Hai 6 illas que se combinan para crear unha área total de terra de 1´53 km², un dos máis pequenos das Illas Marshall. As 6 illas rodean unha lagoa central que cobre unha área de 230 quilómetros cadrados.
Debido a súa escasísima elevación sobre o nivel do mar, é moi factible que este conxunto de illas sexan tapadas pola auga nun futuro próximo, debido ao quecemento global que provoca desxeos.
Historia
[editar | editar a fonte]O atol Erikub foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, Erikub quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da independente República das Illas Marshall desde 1986.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do atol en Oceandots.com Arquivado 23 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
