Atlético Progresso Clube
| Progresso | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Atlético Progresso Clube | ||
| Alcume(s) | Canarinho de Mucajaí Verdão de Mucajaí | ||
| Fundación | 21 de xullo de 1959 (67 anos) | ||
| Estadio | Sabino Soares Neto, Mucajaí, Brasil | ||
| Capacidade | 1.000 | ||
| Presidente | |||
| Liga | Roraimense | ||
| 2025 | 8.º | ||
| |||
Atlético Progresso Clube é un club de fútbol brasileiro con sede en Mucajaí, Roraima.
É un dos clubs de fútbol máis antigos de Roraima, ademais de ser o primeiro en profesionalizarse na historia de Roraima[1] e o primeiro en ter mulleres traballando no club.[2] Un dos tres primeiros de Roraima en competir en torneos nacionais,[3] tamén foi subcampión no Campionato Roraimense en 2008.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse o 21 de xullo de 1959 e desde entón compite no Campionato Roraimense, entre outras competicións rexionais e nacionais.
Estadio
[editar | editar a fonte]O estadio do club é o Estadio Municipal Sabino Soares Neto, coñecido como "Sabinão", con capacidade para 1.000 persoas. Debido ás deficientes infraestruturas do fútbol de Roraima, o Progresso, xunto con outros clubs, xoga os seus partidos no Estádio Canarinho, en Boa Vista. En 2018, houbo unha iniciativa para xogar os seus partidos en Mucajaí, que non se levou a cabo.[5][6]
Uniforme
[editar | editar a fonte]O primeiro uniforme do club foi un uniforme de raias verticais verdes e brancas na década de 1960, que segue sendo tradicional ata os nosos días, a pesar da forte énfase no uniforme branco con raias verdes diagonais adoptado nas décadas de 1990 e 2000.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Com suspeita de Covid-19, José Mario Peruano, ex-técnico de futebol, morre aos 72 anos". ge (en portugués). 2020-06-08. Arquivado dende o orixinal o 2024-12-20. Consultado o 2025-05-01.
- ↑ "Progresso inova colocando 2 mulheres na equipe técnica". Folha de Boa Vista (en portugués) (1850 ed.): 13. 1996-05-22.
- ↑ "Há 25 anos, futebol de Roraima emplacou três times na Série C; relembre". ge (en portugués). 2020-04-11. Arquivado dende o orixinal o 2024-04-05. Consultado o 2025-05-01.
- 1 2 Paulo Oliveira, João (2024-01-08). "Conheça a história do Progresso, o primeiro do interior no Estadual de Futebol". Folha de Boa Vista (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2024-04-05. Consultado o 2025-05-01.
- ↑ "Presidente do Progresso tenta acerto com empresário 'de fora' para voltar ao Roraimense". ge (en portugués). 2021-01-11. Arquivado dende o orixinal o 2021-12-01. Consultado o 2025-05-01.
- ↑ Rocha, Ribamar (2018-01-29). "Progresso quer mandar jogos em Mucajaí". Folha de Boa Vista (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2025-05-01. Consultado o 2025-05-01.