Atheresthes stomias
Atheresthes stomias Palmeta do Pacífico | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Atheresthes stomias (Jordan & Gilbert, 1880) [1] |
Atheresthes stomias é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos, subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das dúas que integran o xénero Atheresthes,[2] coñecida en galego como palmeta do Pacífico.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1880 polos ictiólogos norteamericanos David Starr Jordan e Charles Henry Gilbert, baixo o nome de Platysomatichthys stomias.[1]
Porén, o SIIT considera inválido o nome da especie Atheristhes stomias'' Jordan & Starks, 1880, xa que identifica o xénero Atheristhes con Reinhardtius Guill, 1861 e, polo tanto, este servizo denomina a especie como Reinhardtius stomias (Jordan & Gilbert, 1880).[4]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características morfolóxicas desta especie son:
- Corpo ovalado, deprimido, de perfil romboidal (sobre todo polas aletas dorsal e anal, que son máis altas na rexión central do corpo),[5] que pode alcanzar como máximo os 84 cm de lonxituse,[6] aínda que os espécimes capturados non pasan dos 50 cm.[7] O seu peso máximo rexistrado foi de 8,6 kg.[7]
- A súa columna vertebral está formada por de 47 a 49 vértebras.[5]
- A aleta dorsal ten de 92 a 109 raios, e a anal de 72 a 90.[5]
- A aleta dorsal orixínase á altura da metade do ollo superior.[5]
- A aleta caudal ten contorno semilunar. As aletas pectolrais son pequenas.[5]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, demersal, que vive a profundidades en entre os 18 e os 950 m de profundidade,[8] entre os 67° N e os 35° N, e entre os 162° L e os 122° O,[9] no Pacífico norte, desde o mar de Bering até a baía de San Pedro, en California, pasando polas costas de Rusia, Alasca, Canadá e boa parte dos Estados Unidos.[10]
Os exemplares adultos encóntranse en fondos areosos e lamacentos.[6]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]- Nutrición
Aliméntase de crustáceos e peixes,[11] que non se comercializan como alimento humano.[6]
- Reprodución
Os machos alcanzan a madurez sexual cando miden de 28 a 34 cm, e as femias cando acadan entre os 36,8 e os 39 cm.[5]
Pesca
[editar | editar a fonte]A palmeta do Pacífico péscase na súa área de distribución (Noroeste do Pacífico).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Atheresthes stomias (Jordan & Gilbert, 1880) no WoRMS.
- ↑ Atheresthes Jordan & Gilbert, 1880 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
- ↑ Atheresthes stomias (Jordan and Gilbert, 1880) no SIIT.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2006): Atheresthes evermanni Jordan & Starks, 1904 en FishBase.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Eschmeyer, W. N., E. S. Herald and H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company.
- ↑ 7,0 7,1 Fadéev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok, Rusia: TINRO-Center.
- ↑ Russian Academy of Sciences (2000): Catalog of vertebrates of Kamchatka and adjacent waters.
- ↑ FAO-FIGIS (2006): Atheresthes stomias, en A world overview of species of interest to fisheries FIGIS Species Fact Sheets. Species Identification and Data Programme-SIDP, FAO-FIGIS.
- ↑ Miller, D. J. and R. N. Lea (1972): "Guide to the coastal marine fishes of California". Calif. Fish Bull. (157): 1-235.
- ↑ Hart, J. L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180: 740.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atheresthes stomias |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Atheresthes stomias en Encyclopedia of Life.
- Atheresthes stomias no NCBI.
- Imaxes de Atheresthes stomias en FishBase.