Atheresthes evermanni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atheresthes evermanni
Palmeta xaponesa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Pleuronectinae
Xénero: Atheresthes
Especie: A. evermanni
Nome binomial
Atheresthes evermanni
Jordan & Starks, 1904[1]

Atheresthes evermanni é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos, subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das dúas que integran o xénero Atheresthes,[2] coñecida en galego como palmeta xaponesa.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1904 polos ictiólogos norteamericanos David Starr Jordan e Charles Henry Gilbert.[1][4]

Porén, o SIIT considera inválido o nome da especie Atheristhes evermanni'' Jordan & Starks, 1904, xa que identifica o xénero Atheristhes con Reinhardtius Guill, 1861 e, polo tanto, este servizo denomina a especie como Reinhardtius evermanni (Jordan & Starks, 1904).[5]

Características[editar | editar a fonte]

  • Corpo ovalado, deprimido, de perfil romboidal (sobre todo polas aletas dorsal e anal, que son máis altas na rexión central do corpo).
  • Pode alcanzar unha lonxitude máxima de até 1 m,[6] aínda que usualmente os exeplares capturados roldan como máximo os 54 cm,[7] e chegar a pesar até 8,5 kg.[7]
  • A súa boca é moi grande.[6]
  • A aleta dorsal ten de 98 a 116 raios, e a anal, de 76 a 94.[6]
  • A aleta caudal é forte e de contorno semilunar.[6]

Hábitate e distribución[editar | editar a fonte]

É un peixe mariñlo, demersal, que vive en augas temperadas do Pacífico norte, a profundidades de entre os 20 e os 1200 m,[7] entre os 32° N até os 66° N, desde o mar do Xapón e o mar de Okhotsk cara ao norte até o golfo de Anádyr e, a través do mar de Bering, até as illas Aleutianas e o estreito de Shelikof (entre a costa suroeste de Alasca e as illas Kodiak e Afognak), en Alasca.[4]

No leste da súa área de distribución, as poboacións da palmeta xaponesa coinciden coas da palmeta do Pacífico (Atheresthes stomias e, a similitude entre ambas as dúas especies fixeron que non se distinguisen na pesca comercial até o ano 2007.[8]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Nutrición

A dieta da palmeta xaponesa consiste en peixes e diversos animais bentónicos, como luras, sepias, gambas, camaróns, anfípodos, misidáceos, e moitos moluscos e vermes mariños,[9] aínda que a máis importante das súas presa é o abadexo de Alasca (Gadus chalcogramma), que representou do 63 ao 86 % do contido estomacal nun estudo realizado por Wilderbuer et al.[8]

Predadores

A palmeta xaponesa encontrouse nos estómagos de só 17 especies diferentes de peixes no mar de Bering e as illas Aleutianas, entre eles o bacallau do Pacífico (Gadus macrocephalus), o hipogloso do Pacífico (Hippoglossus stenolepis), o abadexo (Pollachius pollachius), algúns escorpeniformes e do seu próximo parente a palmeta do Pacífico Atheresthes stomias.[8]

Lonxevidade

Pode alcanzar unha lonxevidade de, polo menos, os 33 anos.[10]

Pesca[editar | editar a fonte]

A palmeta xaponesa é unha importante especie pesqueira que se captura activamente na súa área de dispersión, o Pacífico noroeste.[3] A súa importancia económica desenvolveu un amplo mercado. As súas capturas aumentaron de 1.183 t en 2007 a 19.662 t en 2010 (antes de 2007, como quedou dito, a especie non se distinguían, desde o punto de vista pesqueiro, as dúas especies do xénero Atheresthes); estímase que aproximadamente o 10 % da capturas de Atheresthes stomias eran de palmeta xaponesa. A biomasa total estimouse en 128.800 t en 2010.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Atheresthes evermanni Jordan & Starks, 1904 no WoRMS.
  2. Atheresthes Jordan & Gilbert, 1880 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
  4. 4,0 4,1 Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2006): Atheresthes evermanni Jordan & Starks, 1904 en FishBase.
  5. Atheresthes evermanni Jordan and Starks, 1904 no SIIT.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Masuda, H.; K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno and T. Yoshino (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. Vol. 1. Tokyo, Japan: Tokai University Press.
  7. 7,0 7,1 7,2 Fadéev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok: TINRO-Center.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Wilderbuer, Thomas K.; Nichol, Daniel G. & Lauth, Robert (2010): Kamchatka Flounder. NPFMC Bering Sea and Aleutian Islands SAFE. Alaska Fisheries Science Center.
  9. Yang, M. S. & Livingston, P. A. (1986): "Food habits and diet overlap of two congeneric species, Atheresthes stomias and Atheresthes evermanni, in the eastern Bering sea". Fish. Bull. 82 (3): 615–623.
  10. Munk, K. M. (2001): "Maximum ages of groundfishes in waters off Alaska and British Columbia and consideration of age determination". Alaska Fish. Res. Bull. 8 (1): 12-21.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]