Atentados de Noruega de 2011
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Atentados de Noruega de 2011 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | asasinato masivo e atentado terrorista ![]() |
Parte de | Terrorismo na Noruega (pt) ![]() ![]() |
Localización | |
Coordenadas | 59°54′54″N 10°44′48″L / 59.9149776, 10.746544 |
Localización | Oslo e Utøya ![]() |
Unidade Adm. | Oslo e Buskerud (pt) ![]() ![]() |
País | Noruega ![]() |
Data | |
Data | 22 de xullo de 2011 ![]() |
Características | |
Obxectivo | Governo da Noruega (pt) ![]() ![]() ![]() |
Causa | Islamofobia, ideoloxía de extrema dereita[1] |
Perpetrador | Anders Behring Breivik (pt) ![]() ![]() |
Nº perpetradores | 1 ![]() |
Armamento | Coche bomba, Ruger Mini-14 (pt) ![]() ![]() ![]() |
Perdas | |
Feridos | 319 ![]() |
Mortes | 77 ![]() |
Composto por | |
Regjeringskvartalet bombing (en) ![]() ![]() ![]() | |
[ Wikidata ] |

Os feitos que deron lugar a un masacre en Noruega en 2011 consistiron nunha explosión no distrito gobernamental de Oslo e mais nun tiroteo ocorrido dúas horas despois no illote de Utøya (lago Tyrifjorden, Buskerud), cun saldo provisorio de 77 mortos e máis dun centenar de feridos, moitos deles adolescentes. Durante os días posteriores á traxedia, a policía falara de cifras de até 93 mortos, pero despois revisou a cifra á baixa fixándoa en 76. A policía norueguesa explicou que o escenario despois dos ataques era moi confuso e probabelmente algúns corpos foron contados dúas veces. Posteriormente unha vítima morreu no hospital elevando a cifra a 77.
Pola tarde, desatouse unha gran confusión en Oslo e máis tarde as autoridades confirmaron que detiveron un home disfrazado de policía que abriu fogo contra a multitude en Utøya. Este era Anders Behring Breivik, un empresario noruegués de 32 anos descrito pola policía como "fundamentalista cristián" cuxas opinións políticas se inclinan cara á ultradereita, de ideoloxía nacionalista (contrario ao multiculturalismo) e islamófobo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O terrorista Breivik consideraba que agredindo ao partido laborista noruegués «chamaba» á sociedade a un despertar de odio contra os marxistas e os musulmáns.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atentados de Noruega de 2011 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |