Atentados de Cataluña de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atentado de Barcelona de 2017»)
Atentados de Cataluña de 2017
Percorrido da furgoneta polas Ramblas de Barcelona.
LugarLa Rambla, Barcelona
CoordenadasLa Rambla: 41°22′53″N 2°10′23″L / 41.38139, -2.17306
Cambrils: 41°22′53″N 2°10′23″L / 41.38139, -2.17306
Alcanar: 40°34′51″N 0°33′11″L / 40.580919, 0.553046
Subirats: 41°23′05″N 1°47′53″L / 41.384722, 1.798056
Data17 e 18 de agosto de 2017
16:57 e 1:15 (Madrid)
Tipo de ataqueAtropelo
Arma(s)Furgoneta e armas de fogo
Mortos16
+8 terroristas
Feridos152
+1 terrorista
Perpetrador(es)Estado Islámico[1][2]
Sospeitoso(s)8
MotivoXihadismo
editar datos en Wikidata ]
Declaración institucional do presidente da Generalitat logo do ataque terrorista en Barcelona

Os atentados de Cataluña de 2017 son unha serie de ataques e incidentes terroristas que se produciron en Cataluña. Comezaron o 17 de agosto de 2017 no paseo da Rambla de Barcelona ao botarse unha furgoneta Fiat Talento branca alugada contra ducias de persoas que paseaban pola parte alta da Rambla de Barcelona. Segundo testemuñas oculares, o condutor ía facendo eses ao longo duns 550 metros para poder atropelar máis xente.[3] O vehículo parou no medio da Rambla, xusto sobre o Mosaico do Pla de l'Os de Joan Miró. Deseguido, o condutor deixou a furgoneta e fuxiu.[4]

Horas despois, Estado Islámico reivindicou o atentado mediante a súa axencia de novas Amaq.[5] No ataque de Barcelona confirmáronse quince mortos –entre eles un neno de 3 anos[6]– un centenar de feridos, quince deles graves.[7] Por outra banda, horas despois do ataque de Barcelona, entre a noite do 17 ó 18, á 1:15 da mañá, produciuse outro atentado en Cambrils. Cinco terroristas foron abatidos na operación, que se saldou con seis feridos. Unha muller resultou ferida de gravidade en Cambrils e morreu horas despois.[8]

Detivéronse catro persoas, tres en Ripoll, de nacionalidade marroquí, e outro en Alcanar —nado en Melilla—. Dous dos detidos en Ripoll foron o irmán de Moussa Oukabir e amigo do mesmo.​ Outra persoa ferida a mañá do xoves na explosión de Alcanar foi detido tamén.​ Segundo os Mossos d'Escuadra, o atentado en Barcelona estaría relacionado coa explosión nunha casa en Alcanar o día anterior, o 16 de agosto.​ Nesta vivenda había varias bombonas de butano e explosivos de fabricación caseira. A súa explosión accidental obrigou aos terroristas, segundo os Mossos, a elixir precipitadamente por un atropelo masivo nas Ramblas.​ O 19 de agosto identificouse ao imán de Ripoll, Abdelbaki Es Satty, tamén de Marrocos, como o radicalizador dos mozos terroristas e posible xefe da célula. O 21 de agosto confirmouse o falecemento do imán na explosión do chalé.​ Ese mesmo día foi abatido Younes Abouyaaqoub en Subirats.​

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Estado Islámico se atribuye el mortal atentado de Barcelona". RT. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  2. "El Estado Islámico asume la autoría del atentado de Barcelona". rtv.es. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  3. 324.cat, ed. (17 de agosto 2017). "La furgoneta de l'atac de Barcelona ha recorregut uns 550 metres fent esses per la Rambla". 
  4. rac1.cat, ed. (17 de agosto de 2017). "2 víctimes mortals i 20 ferits a l'atropellament massiu a la Rambla de Barcelona". 
  5. "L'Estat Islàmic reivindica l'atemptat de Barcelona". Ara.cat (en catalá). Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  6. "Tristesa profunda a Rubí per la mort ahir a Barcelona de dos veïns: un nen de 3 anys i el seu tiet avi". Ara.cat (en catalán). Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  7. "Un atropello masivo deja 13 muertos en un atentado en la Rambla de Barcelona". La Vanguardia. 8 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  8. Güell, Jesús García, Àngels Piñol, Oriol (18 de agosto de 2017). "Los Mossos abaten a cinco terroristas que planeaban una nueva masacre en Cambrils". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]