Ateleopódidos
Aparencia
(Redirección desde «Ateleopodidae»)
Os Ateleopólidos (Ateleopodidae) son a única familia da orde Ateleopodiformes, dentro da superorde Estenopterixios (Stenopterygii), un pequeno grupo de peixes mariños teleósteos propios de augas profundas. Distribúense polo mar Caribe, este do océano Atlántico e algunhas áreas do Índico e Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Posúen un esqueleto con abundante cartilaxe, aínda que son verdadeiros peixes óseos sen ningunha relación cos condrictios. Posúen unha gran cabeza e un nariz bulboso, e xeralmente teñen un corpo longo e rematado en punta, cunha cola coa aleta caudal moi pequena. As aletas dorsais tenden a ser moi prominentes e sitúanse xusto detrás da cabeza.
Trátase de peixes raros e pouco coñecidos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en catro xéneros e doce especies:
- Orde Ateleopodiformes
- Familia Ateleopodidae
- Xénero Ateleopus (Temminck e Schlegel, 1846)
- Xénero Guentherus (Osório, 1917)
- Xénero Ijimaia (Sauter, 1905)
- Xénero Parateleopus (Smith e Radcliffe en Radcliffe, 1912)
- Familia Ateleopodidae
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ateleopódidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ateleopódidos |