Ataxia sensorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ataxia sensitiva»)

A ataxia sensorial é unha síndrome neurolóxica e un signo médico.[1] É unha forma de ataxia, isto é, perda da coordinación, que non está causada por un dano no cerebelo, senón por unha perda da percepción sensorial que regula o movemento.[2] A ataxia sensorial diferénciase da ataxia cerebelosa en que, entanto que o equilibrio é bastante próximo á normalidade cos ollos pechados, cando o paciente abre os ollos a perda de equilibrio é manifesta. En pacientes con ataxia sensorial o signo de Romberg adoita ser positivo.[3]

Causas[editar | editar a fonte]

A ataxia sensorial prodúcese como consecuencia de trastornos que afectan á vía propioceptiva consciente a nivel de:

  • Nervio periférico
  • Raíces posteriores
  • Cordóns posteriores
  • Lemnisco medial no tronco encefálico
  • En raras ocasións, por lesións talámicas ou parietais, pode producirse unha hemiataxia sensitiva contralateral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Farreras-Rozman: Medicina Interna, 16ª Edición. Elselvier, 2009.
  2. Ataxia sensorial Dicionario médico
  3. Portal de medicina