Urkesh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atal-Shen»)

Urkesh (Urkis ou Urkiš) foi un reino hurrita mencionado sobre o 2500 a. C. na rexión do río Khabur, en Siria.

Historia[editar | editar a fonte]

Os hurritas emigraron á rexión despois do 2500 a. C. e formaron o reino con centro na cidade, que se estendeu aproveitando o final do imperio de Acad (Acadia). A comezos do segundo milenio, Urkesh foi sometida polo reino de Mari, formado polos amoritas e sobre o século XVIII a. C. unha nova dinastía, tamén amorita, que gobernaba Asiria, apoderouse de Mari; a capital Shubat-Enlil foi fundada non lonxe de Urkesh.

Sobre a segunda metade do século XVI a. C. quedou baixo dominio de Mitanni e por razóns descoñecidas foi abandonada.

Os seus reis levaban o título hurrita de endan e son mencionados nos arquivos de Mari.

Reis[editar | editar a fonte]