Asuracentúrix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Asurancetúrix é un personaxe da banda deseñada Astérix. Asurancetúrix é o bardo da aldea e caracterízase por tocar unha lira e por cantar moi mal, este feito chega a provocar treboadas, polo que se chega a converter no personaxe principal en Astérix chez Rahàzade. Unha característica peculiar de Asurancetúrix e que se trata do único personaxe da aldea que vive nunha casa situada nunha árbore. Ao final de tódalas historias, durante a escena do banquete final, cando todo parece rematar ben, aparece atado e amordazado para que non poida tocar ou cantar. Esautomátix, o ferreiro, sempre o anda a vixiar para golpealo co seu martelo cando vai cantar.

O seu nome na versión orixinal en francés Assurancetourix vén do xogo de palabras en francés assurance tout risque ou assurance tous risques (seguro a todo risco en galego), polo que nas edicións españolas ás veces é chamado Asegurancetúrix para transmitir a idea orixinal, e en libros como Obélix e compañía ou As doce probas de Astérix é chamado Seguroatodorriesguix, mais o máis habitual é atopar a castelanización do nome orixinal, isto é Asurancetúrix.