Asunción da Virxe (Donatello)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Asunción da Virxe de Donatello.

A Asunción da Virxe de Donatello é un relevo stiacciato de mármore branco que forma parte da tumba Brancacci na igrexa de Sant'Angelo a Nilo, en Nápoles. Data de 1426-1428 e as súas dimesións son de 53,5 x 78 centímetros.

Historia[editar | editar a fonte]

O relevo rectangular atópase no centro da parte frontal da tumba do cardeal Rainaldo Brancacci e é un dos poucos elementos do monumento con certeza atribuído a Donatello, que realizou a encarga da obra xunta Michelozzo e outros axudantes. Para traballar o monumento, Donatello e Michelozzo alugaran un obradoiro en Pisa en 1426, unha vez finalizada a obra enviouse en 1428 por barco a Nápoles.

A elección do tema da Asunción é inusual para un monumento funerario. É posíbel que se tratase dunha petición explícita do cardeal que estaba moi vinculado coa basílica de Santa María a Maior en Roma. Nesta igrexa vivíase con intensidade a festividade da Asunción da Virxe.

Descrición[editar | editar a fonte]

O baixorrelevo no centro, amosa unha enerxética e firme Virxe María, que está sentada nun trono cuberto cun pano e, coas mans xuntas en actitude de oración, elevándose aos ceos levada por un grupo de anxos disposttos nun semicírculo arredor dunha nube. Hai referencias á iconografía tradicional, coma na porta da Mandorla da catedral de Florencia, pero Donatello evita a luz dourada arredor da Virxe. Moito máis que no labor de Nanni di Banco realizado vinte anos antes, é fácil percibir o esforzo expresivo dos anxos que participan no transporte. As posicións dos anxos son moi orixinais e diferentes, a pesar da concesión a unha equilibrada simetría entre a dereita e a esquerda. As figuras son tratadas dun xeito orixinal, case gráfico, con algunha nubes en baixísimo relevo, unha verdadeira proba de virtuosismo do artista.

A expresión da Virxe é intensa e emocionalmente expresiva, coma nas mellores obras de Donatello, que se presenta para amosar a composición e a aceptación consciente do seu destino. Non realizou características da Virxe, senón que a mostra coma unha muller de idade avanzada. A súa figura é a maiorrelevo (fálase, porén, que non sobresae máis de 10 milímetros), a creación de sombras escuras en torno aos brazos, a faciana e os ollos nas rañuras, aumenta o contraste da súa expresividade.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wirtz, Rolf C. (1998). Donatello 1386-1466 (en inglés). Colonia, Könemann. ISBN 3-8290-0244-0.