Saltar ao contido

Asubión americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asubión americano
Mareca americana
Johann Friedrich Gmelin 1789 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
M. americana Editar o valor en Wikidata
Conservación
Especie pouco preocupante
Localización
 Área de distribución
Distribución
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnatidae
SubfamiliaAnatinae
XéneroAnas
SubxéneroMareca
EspecieA. americana
 Sinonimia
Mareca americana
Códigos e identificadores
ITIS175095 Editar o valor en Wikidata
UICN22680163 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O asubión americano[1] (Mareca americana) é un parrulo amplamente distribuído polas zonas húmidas de Norteamérica.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son patos de entre 45 e 56 cm de lonxitude. Durante a época reprodutora amosa un forte dimorfismo sexual. Os machos teñen o papo rosado e a parte posterior do corpo negra. O espello das ás, ben visible cando voan e cando están pousados, é branco. Teñen a cabeza agrisada cunha banda verde por detrás dos ollos e outra branca na coroa. Fóra da estación de cría, os machos imitan moito ás femias. Estas son castañas claras, moi semellantes en coloración ás femias do asubión eurasiático e as do lavanco. Desta última especie e dos outros anátidos, agás o asubión, distínguense pola forma do corpo. As femias do asubión teñen a cabeza máis escura e a parte inferior das ás máis gris.

Macho e femia de asubión americano en Seattle, Washington

Distribución

[editar | editar a fonte]

Os asubión americanos crían no Canadá, en Saskatchewan, Alberta e Manitoba, e nos Territorios do Noroeste, tamén en Alasca e nos Grandes Lagos.

Son aves migratorias, que pasan o inverno en Texas, Luisiana e na costa do golfo de México. Aparecen de xeito regular, aínda que en pequeno número na Europa occidental.

Femia con polos

Fóra da época de cría son aves moi gregarias, que forman grandes bandadas. Son moi ruidosos: a chamada típica do macho é un asubío trisílabo, mentres que as femias emiten un gruñido baixo. Viven en áreas húmida abertas, con algunha vexetación alta. Aliméntanse de plantas, que pacen ou arrincan dentro da auga. Fan os niños no chan, preto da auga, agachados debaixo da vexetación. Poñen de 6 a 12 ovos da cor da crema.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.