Astipalea (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Astipalea foi a filla de Fénix, fillo de Axenor, e de Perimede, filla de Eneo.

Foi seducida por Poseidón, de quen enxendrou dous fillos: Anceo e Eurípilo, rei de Cos. Nos textos de Hixino, este segundo toma o nome de Periclímeno.

Eurípilo foi morto por Heracles cando o heroe, unha vez cumpridos os doce traballos, regresaba de conquistar Troia.

"Heracles chegou navegando ata as proximidades de Cos... Logrando forzar a entrada, apoderouse pola noite da cidade e deu morte ó rei Eurípilo, fillo de Astipalea e Posidón".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 7, 1)

Anceo foi un dos Argonautas e encargouse do goberno da nave Argo ata a Cólquide, trala morte do temoneiro Tifis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]