Associaçom de Estudos Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Associaçom de Estudos Galegos
Logo
Tipoasociación cultural e regulador lingüístico
Data de fundación2016
SedeSantiago de Compostela
EnderezoRua do Espírito Santo, n.º 21, C.P. 15704
PaísGalicia
Na rede
https://aeg.gal
editar datos en Wikidata ]

A Associaçom de Estudos Galegos (AEG) é un colectivo cívico-cultural, científico e laico sen fins de lucro que ten por obxectivo fundamental estabelecer e regular, a través do seu órgano académico Comissom Lingüística da AEG, unha norma do galego que, con criterio reintegracionista, sexa esencialmente solidaria e convenientemente autónoma en relación ás normas idiomáticas en uso na área lingüística e cultural galego-luso-africano-brasileira, ben como organizar actividades e elaborar materiais concibidos para a promoción social do galego e de tal padrón lingüístico galego. A AEG naceu en 2016 na secuencia da dimisión da maior parte dos membros da Comissom Lingüística da AGAL, após o novo Consello desa Asociación ter promovido, en contra do criterio prevalecente naquela Comisión, a chamada "aglutinación normativa", que pretende fusionar a norma galega reintegracionista, tradicionalmente defendida pola AGAL e agora promovida pola AEG, coa norma lusitana.

O primeiro Presidente da AEG (2016-2021) foi o economista Joám Lopes Facal, sucedido no cargo polo filólogo Jorge Rodrigues Gomes. Presidente da Comissom Lingüística da AEG, desde 2016, é o lingüista Carlos Garrido Rodrigues, tendo actuado como Secretario da Comissom, entre 2016 e 2021, Jorge Rodrigues, e, a partir de 2022, o filólogo Diego Bernal.

A AEG, que dispón do sitio internético www.aeg.gal, edita a revista cultural Kallaikia: Revista de Estudos Galegos, coordenada por Maurício Castro e que publica traballos de investigación e de alta divulgación nos campos da filoloxía, da historia, da economía, da política, da arte e das ciencias naturais. A Comissom Lingüística da AEG ten até agora elaborado e publicado as seguintes obras: Dicionário Galego do Futebol: Galego-Português, Espanhol, Inglês, Alemám (2016), Dicionário Galego do Basquetebol: Galego-Português, Espanhol, Inglês (2016), Comparativa dos Três Padrons: Galego, Luso, Brasileiro (I–V) (2017), Compêndio Atualizado das Normas Ortográficas e Morfológicas do Galego-Português da Galiza (2017) e Prontuário de Apelidos Galegos (2019).

Fundación[editar | editar a fonte]

O sábado día 16 de xaneiro de 2016, tivo lugar na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela o acto de presentación da Associaçom de Estudos Galegos (AEG). Esta nova organización prometeu traballar para a "padronización da nosa lingua a nivel académico, científico e social", misión que se realizará a partir de "unha aposta clara na plena soberanía nacional e lingüística do noso povo"

Membros fundadores[editar | editar a fonte]

O grupo promotor da asociación está formado polas seguintes persoas:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PGL (15 de xaneiro de 2016). "Apresentaçom pública da Associaçom de Estudos Galegos (AEG)". Consultado o 3 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]