Asociación Rumiñahui
| Asociación Rumiñahui | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |

A Asociación Hispano Ecuatoriana Rumiñahui é unha asociación formada pola poboación ecuatoriana en España creada o 16 de xuño de 1997 en Madrid. O presidente dende 2016 é Vladimir Paspuel.[1][2] A organización está presente especialmente en Madrid, Valencia e Murcia con dúas liñas de traballo: a acollida, información, asesoramento xurídico, axuda aos emprendedores e a organización de proxectos de codesenvolvemento.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Un pequeno grupo xerme da organización empezou a reunirse semanalmente nun local facilitado polo Colexio Maior Universitario Chaminade e nas oficinas do Movemento pola Paz, o Desarmamento e a Liberdade, MPDL, situadas no Pozo do Tío Raimundo.
A asociación empezou a traballar a comezos de 1997. Rumiñahui, organizou as súas primeiras reunións no Colexio Chaminade. Javier Fresneda, posteriormente Vicepresidente primeiro de Rumiñahui, foi a persoa que estabeleceu contacto no seu antigo Colexio Maior onde realizara estudos sobre a migración ecuatoriana. Estabelécese nun local fixo e equipado co apoio de Paquita Sauquillo, presidenta do MPDL e Esteban Tomás Navarro, encargado de Acción Social.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A organización mantivo unha participación activa nas mobilizacións en contra da reforma á Lei de Estranxeiría de España, promovida polo goberno de José María Aznar. Doutra banda como organización non gobernamental colaboradora co proxecto de "Rede Xurídica", para a coordinación dos servizos xurídicos de diferentes entidades colaboradoras da Administración Pública de España en materia de dereito de estranxeiría co obxectivo de regularizar a todas as persoas que poidan acceder á "amnistía" aberta pola última lei de estranxeiría aprobada. Elaboraron tamén o primeiro informe sobre a inmigración ecuatoriana. Doutra banda crearon unha delegación da Asociación en Ecuador conformada por 150 persoas.
O 3 de xaneiro de 2001 finaron 12 ecuatorianos atropelados por un tren de proximidade, mentres se dirixían aos seus traballos como agricultores na zona de Lorca, Murcia. O accidente fai aflorar as condicións infrahumanas nas que traballaban os inmigrantes. Como resposta, a Asociación Rumiñahui convocou e organizou a “Marcha pola Vida”, solicitando a investigación da morte dos traballadores ecuatorianos, na cal participaron máis de dúas mil persoas; cubrindo o traxecto de 80 quilómetros, dende Lorca a Murcia.
O 26 de xaneiro, o goberno español anunciou o “retorno voluntario”, para aqueles que decidan regresar ao seu país. A oferta é rexeitada por Rumiñahui, o 31 de xaneiro. Asínase o Convenio Bilateral de control de fluxos migratorios entre Ecuador e España. Rumiñahui rexeita a sinatura deste convenio. En xuño do mesmo ano 7 de xuño Mariano Rajoy, anuncia a regularización de todas as persoas que cheguen antes do 23 de xaneiro de 2001, aplicando o recurso de arraigamento 31,4 da Lei de Estranxeiría.
En novembro de 2002 a Asociación Rumiñahui encargouse da defensa de Melva Felicitas Cañar acusada pola suposta morte do seu fillo acabado de nacer. A Audiencia de Madrid, pedía 17 anos de cárcere e finalmente quedou en liberdade.
En 2009 a organizacicón participou na xestión das axudas de fondo da Unión Europea para o retorno.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrevista con Vladimir Paspuel". El País (en castelán). 25 de abril de 2005. Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- 1 2 "ANÁLISIS: Hay menos extranjeros por Vladimir Paspuel". www.larazon.es (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ "Entrevista a Vladimir Paspuel, presidente de la Asociación Hispano-Ecuatoriana Rumiñahui". latinos.be (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2017.