Asiria (provincia romana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAsiria
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación116 Editar o valor em Wikidata
Disolución118 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porPartos Editar o valor em Wikidata

Asiria (/əˈsɪəriə/) foi unha provincia romana que durou só dous anos (116–118 d.C.).

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo Eutropio e Festo, historiadores da segunda metade do século IV, nun momento no que o emperador romano Traxano era percibido como "un valioso paradigma para os acontecementos e figuras contemporáneas", escribiu baixo a dirección do Emperador Valente, Asiria era unha das tres provincias romanas (con Armenia e Mesopotamia creada por Traxano no ano 116 logo dunha exitosa campaña militar contra Partia que nese ano o viu cruzar o río Tigris desde Mesopotamia e tomar posesión, a pesar de resistencia, do territorio de Adiabene e despois marchar cara ao sur ata a capital de Partia de Seleucia-Ctesiphon e cara a Babilonia.[1] Hai evidencias numismáticas para as provincias traxanas de Armenia e Mesopotamia, pero ningunha para a de Asiria, cuxa existencia é cuestionada por C.S. Lightfoot e F. Miller.[2][3][4]

A pesar da vitoria militar de Roma, a conquista de Traxano do 116 estivo chea de dificultades. Dende o principio, un príncipe de Partia chamado Santruces organizou unha revolta armada dos pobos nativos, durante a cal as guarnicións romanas foron expulsadas dos seus postos e un xeneral romano foi asasinado cando as súas tropas intentaron deter a rebelión.[5] Traxano venceu a revolta, capturando e queimando Seleucia e Edesa, e ata estableceu un rei monicreque partio. Pero despois, durante a súa viaxe de regreso a casa, caeu doente e morreu o 8 de agosto do 117.[1]

O sucesor de Traxano, Adriano, aplicou unha nova política con respecto aos territorios recentemente conquistados no leste. Crendo que se sobre extendía o imperio romano, retirouse a fronteiras máis doadamente defendibles.[6][7] Deixou inacabado o traballo de vencer aos partos, porque viu que esixiría un aumento excesivo do gasto militar. Enviou ao monarca monicreque a outro lugar e restaurou ao antigo gobernante as terras ao leste do Éufrates, xunto coa súa filla que fora capturada, preferindo vivir con el en paz e amizade.[8]

Localización[editar | editar a fonte]

Os historiadores do século IV Eutropio e Festo asumen que a suposta provincia romana de Asiria estaba situada ao leste do Tigris e polo tanto fóra de Mesopotamia.[3]

Theodor Mommsen escribiu que estaba situada ao norte da provincia romana de Mesopotamia, na Mesopotamia Superior, estendéndose cara ao oeste de Persia (nunha zona chamada Media Atropatene) no que agora é o noroeste de Irán.[Cómpre referencia]

Pero algúns eruditos modernos argumentan que a Provincia de Asiria estaba situada entre os ríos Tigris e Éufrates, no actual Iraq central, un lugar que é corroborado polo texto do século IV do historiador romano Festo.[9] Con todo, outras fontes afirman que a provincia estaba situada preto de Armenia e ao leste do Tigris, nunha rexión anteriormente coñecida como Adiabene,[10] que era un reino neo-asirio.[Cómpre referencia]

Máis actividade romana en Mesopotamia[editar | editar a fonte]

A retirada de Adriano no 118 non marcou o fin do dominio romano en Mesopotamia. Unha segunda campaña Partia lanzouse desde o 161 ao 165 baixo o mando de Lucio Vero, co exército romano unha vez máis conquistando o territorio ao leste do Éufrates. Roma seguiu unha acción militar contra os partos de novo no 197-8 baixo o mando do emperador Septimio Severo.[11]

Trala súa exitosa campaña, Septimio Severo instituíu dúas novas provincias romanas: Mesopotamia e Osroene, un reino Neo-Assirio[Cómpre referencia] ou, de acordo con Matthew Bunson, un reino que comezou só no século II a.C.,[12] centrado en Edesa. Tamén estacionou dúas lexións romanas nas novas provincias para asegurar a estabilidade e previr contra os ataques primeiro dos partos, e máis tarde dos sasánidas.[11] A influencia romana na rexión acabou baixo Xoviano no 363, que abandonou a rexión tras firmar un apresurado acordo de paz cos Sasánidas e retirándose a Constantinopla para consolidar o seu poder político.[13]

A pesar da continua actividade romana na rexión, non se fai ningunha referencia a unha provincia romana de Asiria tras a evacuación de Adriano np 118 Cando Septimio Severo creou as provincias de Osroene e Mesopotamia a finais do século II, non se fai ningunha mención dunha provincia romana de Asiria.

O historiador romano Amiano Marcelino (c. 330 - c. 391) di que o distrito de Adiabene cham´base anteriormente Asiria, sen ningunha indicación de que algunha vez fora unha provincia romana.[14] Di que Asiria foi a máis próxima de Roma das principais provincias persas e que na súa época era coñecida por un único nome, aínda que anteriormente estaba dividida entre varios pobos e tribos.[15] Enumera entre as cidades de asiria Babilonia, Seleucia e Ctesifonte.[16] Fala do Emperador Xuliano como, na súa campaña contra o Imperio Sasánida, atacando aos asirios pouco antes de cruzar o río Éufrates en Osroene,[17] vivindo preto do Éufrates ao sur de Carrhae,[18]

Así, parece que a provincia de Asiria só existiu durante o reinado de Traxano. A área xeral coincidiu coa antiga Asiria; con todo, os Medos, os persas aqueménidas, os gregos seléucidas, os sasánidas e os partos tiñan nomes semellantes para a área (Ashur, Athura, Assuristan).

O pobo asirio da rexión xa comezara a adoptar o cristianismo na época de Traxano, e aínda conservou o acadio fundido co arameo oriental como lingua falada e literaria, como o fan hoxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Theodore Mommsen, Römische Geschichte (Berlin 1885), vol. V (Die Provinzen von Caesar bis Diocletian), pp. 400−401
  2. C. S. Lightfoot, "Trajan's Parthian War and the Fourth-Century Perspective" in The Journal of Roman Studies, Vol. 80 (1990), pp. 115-126
  3. 3,0 3,1 Erich Kettenhofen, "Trajan" in Encyclopædia Iranica (2004)
  4. Simon Grote, "Another look at the Breviarium of Festus" in The Classical Quarterly, Volume 61, Issue 2 (December 2011), pp. 704-721
  5. David Magie, Roman Rule in Asia Minor to the End of the Third Century After Christ, Princeton, NJ: Princeton University Press, 1950: p. 609.
  6. Charles Freeman, The World of the Romans, New York: Oxford University Press, 1993: p. 62.
  7. The Cambridge Ancient History, Volume XI, London: Cambridge University Press, 1970: p. 640.
  8. Theodore Mommsen, Römische Geschichte (Berlin 1885), vol. V (Die Provinzen von Caesar bis Diocletian), p. 403
  9. C.S. Lightfoot, "Trajan's Parthian War and the Fourth-Century Perspective," The Journal of Roman Studies, Volume 80, (1990), p. 121-122.
  10. Lightfoot p. 121; Magie p. 608.
  11. 11,0 11,1 Magie p. 674-5; Fergus Millar, The Roman Empire and its Neighbors, London: Weidenfeld and Nicolson, 1967: p. 211.
  12. Matthew Bunson, A Dictionary of the Roman Empire (Oxford University Press 1995), p. 303
  13. Ammianus Marcellinus The Later Roman Empire (354-378) A shameful peace concluded by Jovian 6.7 pg.303, Penguin Classics, Translated by Walter Hamilton 1986
  14. Ammianus Marcellinus, Rerum gestarum libri 23.6.20
  15. Ammianus 23.6.14−15
  16. Ammianus, 23.6.23
  17. Ammianus 23.2.6
  18. Ammianus 23.3.1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]