Asintomático

Asintomático (ou clinicamente silencioso) é un adxectico que se usa para condicións médicas (como lesións ou doenzas) nas que os pacientes portan esa condición pero sen experimentaren síntomas, a pesar dunha diagnose explícita da condición (como unha proba médica positiva).
Presintomático é o adxectivo usado cando nunha condición médica hai un período de tempo no que esta é asintomática.
Subclínico e paucisintomático son outros adxectivos usados para infeccións asintomáticas (é dicir, infeccións subclínicas), ou para doenzas psicosomáticas e trastornos mentais que expresan un subconxunto de síntomas pero non o conxunto completo deles necesario para unha diagnose médica.
Exemplos
[editar | editar a fonte]Un exemplo de doenza asintomática é a infección por citomegalovirus (CMV), virus que pertence á familia dos herpesvirus. "Estímase que o 1 % de todos os neonatos están infectados polo CMV, pero a maioría das infeccións son asintomáticas." (Knox, 1983; Kumar et al. 1984)[1] Nalgunhas doenzas a proporción de casos asintomáticos pode ser importante. Por exemplo, na esclerose múltiple estímase que arredor do 25 % dos casos son asintomáticos, e son detectados postmortem ou por casualidade cando se están tratando outras doenzas.[2]
Importancia
[editar | editar a fonte]Saber que unha condición é asintomática é importante porque:
- Pode ser contaxiosa, e a contribución das infeccións asintomáticas e preasintomáticas ao nivel de transmisión dunha doenza axuda a establecer as medidas de control axeitadas para evitar que se espalle.[3]
- Non é necesario que unha persoa se someta a tratamento. Non causa problemas médicos posteriores como hipertensión arterial e hiperlipidemia.[4]
- Estar alerta ante os posibles problemas: por exemplo, o hipotiroidismo asintomático fai que unha persoa sexa vulnerable á síndrome de Wernicke–Korsakoff ou ao beri-beri despois de recibir glicosa intravenosa.[5]
- Para algnhas condicións o tratamento durante a fase asintomática é vital. Se se espera ata que se desenvolvan os síntomas,pode ser demasiado tarde para a supervivencia do paciente ou para previr danos.
Saúde mental
[editar | editar a fonte]As condicións subclínicas ou sublimiares son aquelas para as cales non se cumpren todos os criterios de diagnóstico ou non se cumpriron no pasado, aínda que os síntomas están presentes. Isto pode significar que os síntomas non son graves dabondo como para merecer unha diagnose,[6] ou que os síntomas son graves pero non cumpren os criterios dunha condición.[7]
Lista
[editar | editar a fonte]Velaquí un conxunto de condicións médicas para as cales está documentado que teñen unha fracción significativa de individuos afectados que son asintomáticos:
- Lique escleroso (balanite xerótica obliterante)
- Lesion linfoepitelial benigna
- Cortocircíto cardíaco (shunt)
- Disección da arteria carótide
- Sopro carotídeo
- Hemanxioma cavernoso
- Cloromas (sarcoma mieloide)
- Cólera
- Leucemia mielóxena crónica
- Enfermidade celíaca
- Doenza arterial coronaria
- COVID-19
- Varíola das vacas
- Retinopatía diabética
- Frutosuria esencial
- Cepas da gripe
- Hamartoma quístico foliculosebáceo
- Glioblastoma multiforme (ocasionalmente)
- Aldosteronismo remediable con glicocorticoides
- Deficiencia en glicosa-6-fosfato deshidroxenase
- Hepatite
- Eliptocitose hereditaria
- Herpes
- Heteroforia
- Catarreiras por coronavirus humanos
- Hipertensión arterial
- Histidinemia
- Infección por VIH (SIDA)
- Infección por papilomavirus humano (HPV)
- Hiperaldosteronismo
- Hiperlipidemia
- Hiperprolinemia tipo I
- Hipotiroidismo
- Hipoxia (algúns casos)
- Púrpura trombocitopénica trombocitica
- Iridodiálise (cando é pequena)
- Síndrome de Lesch-Nyhan (en mulleres portadoras)
- Levotransposición das grandes arterias
- Sarampelo
- Divertículo de Meckel
- Hemanxioma microvenular
- Prolapso da válvula mitral
- Varíola do mono
- Linfocitose de células B monoclonais
- Mielolipoma
- Enfermidade do figado graxo non alcohólico
- Pozo no disco óptico
- Osteoporose
- Tose ferina (Pertussis)
- Pé cavo
- Poliomielite
- Poliorquidismo
- Preeclampsia
- Prehipertensión
- Protrusio acetabuli
- Contusión pulmonar
- Acidose tubular renal
- Roséola
- Varíola (ausente desde a década de 1980)
- Espermatocele
- Meninxioma da á do esfenoide
- Anxioma araña
- Infarto esplénico (aínda que non é típico)
- Hemorraxia subaracnoide
- Tonsilólito
- Tuberculose
- Diabetes tipo II
- Tifo
- Neoplasia intraepitelial vaxinal
- Varicela
- Enfermidade de Wilson
Millóns de mulleres informan da falta de síntomas durante o embarazo ata o momento do parto; non saben que están embarazadas. Este fenómeno coñécese como embarazo críptico.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vinson, B. (2012). Language Disorders Across the Lifespan. p. 94. Clifton Park, NY: Delmar
- ↑ Engell T (maio de 1989). "A clinical patho-anatomical study of clinically silent multiple sclerosis". Acta Neurol Scand 79 (5): 428–30. PMID 2741673. doi:10.1111/j.1600-0404.1989.tb03811.x.
- ↑ Buitrago-Garcia, Diana; Egli-Gany, Dianne; Counotte, Michel J.; Hossmann, Stefanie; Imeri, Hira; Ipekci, Aziz Mert; Salanti, Georgia; Low, Nicola (2020-09-22). "Occurrence and transmission potential of asymptomatic and presymptomatic SARS-CoV-2 infections: A living systematic review and meta-analysis". PLOS Medicine (en inglés) 17 (9): e1003346. ISSN 1549-1676. PMC 7508369. PMID 32960881. doi:10.1371/journal.pmed.1003346.
- ↑ Tattersall, R (2001). "Diseases the doctor (or autoanalyser) says you have got". Clinical Medicine (Londres) 1 (3): 230–3. PMC 4951914. PMID 11446622. doi:10.7861/clinmedicine.1-3-230.
- ↑ Watson, A. J.; Walker, J. F.; Tomkin, G. H.; Finn, M. M.; Keogh, J. A. (1981). "Acute Wernickes encephalopathy precipitated by glucose loading". Irish Journal of Medical Science 150 (10): 301–303. PMID 7319764. doi:10.1007/BF02938260.
- ↑ Ji, Jianlin (outubro de 2012). "Distinguishing subclinical (subthreshold) depression from the residual symptoms of major depression". Shanghai Archives of Psychiatry 24 (5): 288–289. ISSN 1002-0829. PMC 4198879. PMID 25328354. doi:10.3969/j.issn.1002-0829.2012.05.007.
- ↑ Diagnostic and statistical manual of mental disorders : DSM-5. American Psychiatric Association, American Psychiatric Association. DSM-5 Task Force (5ª ed.). Arlington, VA: American Psychiatric Association. 2013. ISBN 978-0-89042-554-1. OCLC 830807378.
- ↑ "What is a Cryptic Pregnancy?". 10 de setembro de 2019.