Saltar ao contido

Asier Villalibre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAsier Villalibre

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Asier Villalibre Molina Editar o valor en Wikidata
30 de setembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Gernika-Lumo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBúfalo Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Peso82 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoTrompeta Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo20 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2011 Gernika Club
2011–2014 Athletic Club
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2015 CD Basconia 45(26)
2014–2019   Bilbao Athletic 101(38)
2016–2024   Athletic Club 127(21)
2017–2017 cesión:  Club Deportivo Numancia de Soria 6(0)
2017–2017 cesión:    Real Valladolid 17(2)
2018–2018 cesión:  Lorca Football Club 12(0)
2023–2023 cesión:    Deportivo Alavés 20(6)
2024–2026   Deportivo Alavés 18(1)
2025–2026 cesión:    Racing de Santander 33(16)
2026–   Racing de Santander
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014   España sub-17 9(2)
2014–2015   España sub-18 3(1)
2015–2015   España sub-19 1(0)
2019–   País Vasco 3(0)

Asier Villalibre Molina, nado en Gernika o 30 de setembro de 1997, é un futbolista vasco que xoga como dianteiro no Racing de Santander, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Guernica, formouse como futbolista nas canteiras da SD Gernika e do Athletic de Bilbao. Na tempada 2013/14, con só 15 anos, debutou co Basconia na Terceira División, marcando 6 goles en 11 partidos.[1] Na seguinte tempada marcou 20 goles co Basconia, disputou a Liga Xuvenil da UEFA co equipo xuvenil e debutou co Bilbao Athletic na Segunda División B.

En maio de 2015 foi subido ao filial, xa na Segunda División. Debutou na categoría de prata o 24 de agosto, ante o Girona, substituíndo na segunda metade a Gorka Santamaría.[2] Marcou o seu primeiro gol en Segunda o 6 de setembro de 2015, pechando a vitoria na casa por 3-1 sobre o Mallorca.[3] Con 17 anos e 341 días, converteuse no segundo goleador máis novo do equipo en Segunda (por detrás só dos 17 anos e 198 días de Ander Garitano en 1986).[4] Disputou 32 encontros co Bilbao Ahletic esa campaña, pero non puido evitar o descenso do equipo á Segunda B.

Athletic Club

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2016/17 consolidouse como titular indiscutible no filial, e o 3 de decembro de 2016 foi convocado polo primeiro equipo para o derbi vasco contra o Eibar, debido a que o dianteiro titular Aritz Aduriz estaba sancionado tras ser expulsado no partido anterior.[5] Debutou na Primeira División ao día seguinte, substituíndo a Iñaki Williams aos 84 minutos, e deu unha asistencia a Iker Muniain, que marcou no tempo engadido o gol final da vitoria por 3-1.[6]

Xogou o seu primeiro partido en competición europea o 8 de decembro de 2016, contribuíndo con outro pase decisivo nun empate 1-1 contra o Rapid Wien na fase de grupos da Europa League.[7] Xogou un total de oito partidos co primeiro equipo esa tempada, ademais de 27 co filial, co que anotou 11 goles.

O 2 de maio de 2017, fóra do período de fichaxes, foi cedido ao Numancia para substituír a Jairo Morillas, lesionado de gravidade, nas seis xornadas que restaban.[8] O conxunto soriano conseguiu o seu obxectivo de permanecer na Segunda División.

Para a tempada 2017/18 foi cedido ao Real Valladolid, tamén da segunda división. O seu paso polo club coincidiu coa explosión goleadora de Jaime Mata, polo que apenas contou con oportunidades no equipo adestrado polo galego Luis César. Non foi titular en ningún partido de liga, competición na que disputou pouco máis de 200 minutos repartidos en 13 encontros, e só puido marcar na Copa do Rei, ante o Huesca e a Cultural Leonesa.

No mercado invernal deixou o Valladolid e foi cedido ao Lorca, último calsificado da Segunda División, na busca de máis minutos. No conxunto andaluz tampouco conseguiu ter continuidade, gozando só de dúas titularidades para un total de 12 partidos, e ademais sufriu o descenso do equipo á Segunda B.

De regreso no Bilbao Athletic marcou 23 goles na tempada 2018/19, converténdose no máximo goleador dos catro grupos da Segunda División B, e igulando a marca de Julio Salinas como máximo goleador nunha tempada do filial. O seu gran rendemento serviulle para ser ascendido ao primeiro equipo do Athletic para a campaña seguinte.

Marcou os seus dous primeiros goles co Athletic nun partido da Copa do Rei ante o Sestao, e o seu primeiro tanto na Primeira División chegou o 25 de xaneiro de 2020, contra o Espanyol.[9] O 17 de xaneiro seguinte disputou a final da Supercopa de España contra o FC Barcelona e un gol seu no último minuto levou o partido á prórroga, onde o seu equipo se proclamou campión ao vencer por 3-2. Nese mesmo partido foi obxecto dunha agresión que lle valeu a Lionel Messi a primeira e única cartolina vermella da súa carreira a nivel de clubs.[10]

Despois de marcar 11 goles entre as súas dúas primeiras tempadas no primeiro equipo, o seu rendemento baixou notablemente, chegando a estar case un ano sen marcar un gol ata que o logrou en abril de 2022.

Sen apenas minutos na primeira metade da tempada 2022/23, o 30 de xaneiro de 2023 anunciouse a súa cesión ao Deportivo Alavés, de Segunda.[11] Debutou con dous goles no derbi vasco contra o Eibar e sumou un total de catro na tempada regular, conseguindo a clasificación para a promoción de ascenso. Nesta, anotou nas semifinais, de novo ante o Eibar,[12] e no partido de volta da final contra o Levante marcou de penalti no derradeiro minuto da prórroga o único gol da eliminatoria, dándolle a vitoria ao seu equipo e converténdose así no heroe do ascenso á Primeira División.[13]

De volta no Athletic, disputou 18 partidos en liga, saíndo de inicio só en catro deles. Con todo, destacou na Copa do Rei, marcando dous goles ante o Cayón, dous ante o Eibar e outros dous ante o Alavés. Aínda que quedou no banco na final que o seu equipo conquistou ante o Mallorca, acabou como o máximo anotador do torneo xunto con Abdón Prats e Anastasios Douvikas.

O 15 de xullo de 2024 volveu ao Alavés, co que asinou un contrato por catro anos. Con todo, apenas tivo continuidade no equipo vitoriano, dispoñendo só de dúas titularidades en liga e outras dúas na Copa do Rei.

Para a tempada 2025/26, foi cedido ao Racing de Santander, da Segunda División. Nos seus tres primeiros partidos co club cántabro marcou catro goles e pechou a tempada con 16 dianas e co ascenso a Primeira División.[14] Ao remate da tempada, o Racing exerceu a súa opción de compra obrigatoria sobre o xogador en caso de ascenso.[15]

  1. "VILLALIBRE: EL DEBUT SOÑADO CON 15 AÑOS" (en castelán). 10 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2025. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  2. "El que la sigue, la consigue". Marca (en castelán). 24 de agosto de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  3. "El filial remonta al Mallorca y suma sus tres primeros puntos". Marca (en castelán). 6 de setembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  4. "Asier Villalibre: segundo goleador más jóven de la historia del Bilbao Athletic en 2ª División" (en castelán). 7 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  5. "Villalibre, convocado por primera vez con el Athletic". Mundo Deportivo (en castelán). 3 de decembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  6. "Un león a la carrera por Europa". Marca (en castelán). 4 de decembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  7. "La semana soñada de Villalibre". El Correo (en castelán). 8 de decembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  8. "Asier Villalibre, nuevo jugador del C. D. Numancia" (en castelán). 2 de maio de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  9. "Con RDT hay esperanza". Marca (en castelán). 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  10. "La Supercopa de Williams". Marca (en castelán). 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  11. "Villalibre jugará cedido en el Deportivo Alavés" (en castelán). 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  12. "El Alavés se agarra a Mendizorroza para meterse en la final" (en castelán). 8 de xuño de 2023. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  13. "Levante 0 - 1 Alavés: Un gol de penalti en los últimos compases decide el ascenso". Estadio Deportivo (en castelán). 18 de xuño de 2023. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  14. "Villalibre vuelve al Deportivo Alavés". El Correo (en castelán). 15 de xullo de 2024. Consultado o 28 de novembro de 2025.
  15. "Villalibre es el primer fichaje del Racing" (en castelán). 17 de maio de 2026. Consultado o 11 de xuño de 2026.