Asia Ramazan Antar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAsia Ramazan Antar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1997 Editar o valor em Wikidata
Al-Qamishli, Siria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 2016 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Manbij, Siria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSiria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncombatente , activista polos dereitos das mulleres , soldado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor em Wikidata -

Asia Ramazan Antar, tamén coñecida como Viyan Antar, nada en Qamishli en 1997 e finada en Manbij o 30 de agosto de 2016, foi unha soldado kurda das Unidades de Protección das Mulleres (YPJ) que se converteu nun símbolo da loita feminista para os medios de comunicación internacionais no conflito de Rojava e na loita contra o Estado Islámico.

En 2014, aos 16 anos, Antar ingresou nas YPJ co obxectivo de loitar contra o Estado Islámico. Despois de que as fotos dela se espallaran por Internet, os medios internacionais chamárona "a Angelina Jolie kurda" pola súa semellanza física.[1][2][3] Estas comparacións foron rexeitadas por parte dos combatentes e activistas kurdos que describiron as comparacións como sexistas e obxectivadoras.[4]

Antar en novembro de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no seo dunha familia kurda de Siria, Antar casou moi nova mediante un matrimonio concertado pola súa familia. Porén, despois de tres meses, puido divorciarse grazas ás novas leis na rexión kurda despois do conflito de Rojava. En 2014, despois do divorcio, uniuse ás Unidades de Protección das Mulleres (YPJ) co ideal de loitar pola emancipación da muller de mans da opresión patriarcal na rexión.

A información dada polos medios occidentais sobre a súa idade foi inconsistente, aínda que o comandante do YPJ Abdullah Shirin confirmou que naceu en 1997 e que tiña 19 anos cando morreu.[5]

Loitadores das YPG e YPJ no ano 2016.

Transcendencia nos medios[editar | editar a fonte]

Antar gañou a atención internacional en 2015 cando un fotoxornalista lle tomou fotos e a describiu como "a Angelina Jolie kurda". Moitos medios de comunicación recircularon as fotos, converténdoas en novas e tamén foi comparada coa actriz española Penélope Cruz.

Despois de morrer, volveu ser noticia, e os titulares das novas reducíronse a "morreu a Angelina Jolie kurda", subliñando en todo momento o parecido físico entre ambas e raramente discutindo a súa participación na loita contra o Estado Islámico. Isto foi condenado polos partidarios da causa kurda e mesmo por outros combatentes.[4][6]

Reaccións[editar | editar a fonte]

A minimización dela como persoa foi vista como degradante por moitos activistas kurdos, especialmente tendo en conta as tendencias feministas de Antar. Choman Kanaani, un activista e loitador kurdo que repudiou o tratamento de Antar por parte dos medios occidentais, dixo á BBC en referencia á posición do YPJ sobre o sexismo que: "Toda a filosofía de YPJ é loitar contra o sexismo e evitar o uso das mulleres como obxecto sexual", e engadiu:

Queremos darlle ás mulleres o lugar que lles corresponde na sociedade e que sexan as propietarias dos seus propios destinos. Viyan morreu por estes ideais. Nos medios, ninguén falou dos ideais polos que ela deu a súa vida, nin do que Viyan logrou para as mulleres de Rojava nos últimos catro anos.[4]

Morte[editar | editar a fonte]

Antar foi asasinada durante un ataque na cidade de Manbij, despois de participar na liberación da cidade de mans do Estado Islámico na ofensiva de Manbij.[7] Aínda que os primeiros informes indicaban que ela, xunto con outros combatentes das Unidades de Protección Popular (YPG), morreran preto de Jarabulus como consecuencia dos ataques do Exército Libre Sirio, estes rumores foron descartados cando o voceiro das YPJ confirmou que morreu nun ataque do Estado Islámico.[8]

Notas[editar | editar a fonte]