Asher Ginsberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asher Ginsberg
Nome completoאשר צבי גינצבּרעג
AlcumeAchad ha-Am, Ahad Ha-Am e Ajad Haam
Nacemento18 de agosto de 1856
Lugar de nacementoSkvyra
Falecemento2 de xaneiro de 1927
Lugar de falecementoTel Aviv
SoterradoCemitério Trumpeldor
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
Ocupaciónescritor e xornalista
FillosShlomo Ginossar
Coñecido porHa-Shiloaḥ
editar datos en Wikidata ]

Asher Ginsberg ou Akhad Haam, nado en Skvyra (Ucraína) o 18 de agosto de 1856 e finado en Tel Aviv o 2 de xaneiro de 1927, foi un escritor e pensador xudeu, un dos grandes pensadores do sionismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou militando no movemento sionista Hovevei Tsyion do seu amigo Leon Pinsker, pero axiña converteuse nun crítico da súa política de asentamentos en Palestina, preferindo un sionismo cultural. Despois do primeiro congreso sionista (1897) deixou a organización, polo seu desacordo coa chamada ao establecemento dun estado en Palestina, el cría que primeiro había que establecer o sentimento sionista entre os xudeus da diáspora antes de pensar en ter un estado propio. Fundou e dirixiu o movemento Bnai Moshe (Fillos de Moisés) (1890) centrado na difusión da educación e literatura hebrea.