Asemblea Lexislativa de Dacota do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asemblea Lexislativa de Dacota do Norte
Tipoparlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo
SedeCapitólio Estadual da Dakota do Norte
Na rede
http://www.legis.nd.gov
editar datos en Wikidata ]
Selo do estado de Dacota do Norte

A Asemblea Lexislativa de Dacota do Norte (en inglés, North Dakota Legislative Assembly) é a institución que exerce o poder lexislativo de Dacota do Norte. Conta cun total de 141 lexisladores elixidos por sufraxio universal que se reparten entre as dúas cámaras coas que conta o parlamento: o Senado e a Cámara de Representantes. A súa sede está no Capitolio estatal de Dacota do Norte, en Bismarck.

Composición[editar | editar a fonte]

O artigo 4º da Constitución de Dacota do Norte, aprobada cando se incorporou á Unión en 1889, establece as competencias e a estrutura da Asemblea Lexislativa:[1]

  • O Senado: é a cámara alta da Asemblea Xeral conta con 47 membros. Este son escollidos por cadanseu distrito uninominal cada catro anos, aínda que se levan renovacións parciais: escollendo 24 ou 25 senadores cada dous anos. O tenente gobernador do estado é o presidente da cámara, aínda que os senadores elixen entre eles a un presidente pro tempore, é dicir para presidilo cando o primeiro está ausente. O Senado funciona como cámara alta da Asemblea Xeral.
  • Cámara de Representantes: integrada por 94 deputados. O mandatos dos representantes é de catro anos, aínda que a cámara renóvase na metade dos seus membros cada dous anos. Cada circunscrición electoral escolle a dous representantes, e cada dous anos votan na metade dos distritos.

Os candidatos a ambas cámaras deben cumprir cos seguintes requisitos: ser maior de 18 anos, residir no estado, cando menos, dende hai un ano e poder votar no distrito polo que concorre.[2]

Proceso lexislativo[editar | editar a fonte]

O Capitolio de Dacota do Norte (Bismarck) acolle á Asemblea Lexislativa do estado

Un lexislador, sexa senador ou representante, pode iniciar o proceso mediante a elaboración dunha proposta. Antes de rexistrala na cámara á cal pertenza, debe redactala coa axuda do Consello Lexislativo para dotala dos requisitos técnicos precisos. Logo procédese á primeira lectura na cámara, a iniciativa é presentada e derivada a unha comisión parlamentaria segundo a súa temática. Nesa fase, a comisión valora e debate a proposta, de non ser rexeitada, o proceso lexislativo prosegue e chega ao pleno da cámara. Alí é de novo lida, a segunda lectura, e debátense as emendas, antes de votala. No caso de ser aprobada, envíase á outra cámara, onde o proxecto seguirá o mesmo procedemento, podendo ser modificada. En tal caso, unha vez remata o proceso na segunda cámara, volverá a ser votada na cámara orixinal. Se a cámara orixinal rexeita as mudanzas, constitúese unha comisión conxunta con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado.

Tras superar o voto das cámaras, remítese ao Gobernador para que a asine pero de non concordar con ela pode vetala. Mais nese caso, a Asemblea Lexislativa pode anulalo co voto de dous terzos de ambas as dúas cámaras.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Constitution of North Dakota. ARTICLE IV" (PDF). North Dakota Legislative Branch. 
  2. "Qualifications and Terms of Office for all Elected Positions in North Dakota" (PDF). North Dakota Secretary of State. 
  3. "How a bill becomes law". North Dakota Stockmen's Association (en inglés). Consultado o 2022-08-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]