Asasinato no Orient Express (filme)
Asasinato no Orient Express | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Murder on the Orient Express |
Director | Sidney Lumet |
Produtor | John Brabourne Richard Goodwin |
Guión | Paul Dehn |
Baseado en | Asasinato no Orient Express de Agatha Christie |
Intérpretes | Albert Finney Lauren Bacall Martin Balsam Ingrid Bergman Jacqueline Bisset Jean-Pierre Cassel Sean Connery John Gielgud Wendy Hiller Anthony Perkins Vanessa Redgrave Rachel Roberts Richard Widmark Michael York |
Música | Richard Rodney Bennett |
Fotografía | Geoffrey Unsworth |
Montaxe | Anne V. Coates |
Estudio | G.W. Films Limited |
Distribuidora | Anglo-EMI Film Distributors (Reino Unido) Paramount Pictures (USA) |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 128 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Crime |
Orzamento | 554 100 ₤ (1,4 millóns de dólares)[2] |
Recadación | 35,7 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Asasinato no Orient Express (en inglés: Murder on the Orient Express) é un filme británico de 1974 dirixido por Sidney Lumet, producido por John Brabourne e Richard Goodwin, e baseado na novela homónima de Agatha Christie. O filme conta a historia do detective belga Hercule Poirot (Albert Finney), que ten que investigar o asasinato dun home de negocios estadounidense a bordo do tren Orient Express. Os sospeitosos son interpretados por un elenco composto por Lauren Bacall, Ingrid Bergman, Sean Connery, John Gielgud, Vanessa Redgrave, Michael York, Jacqueline Bisset, Anthony Perkins e Wendy Hiller. O guión é obra de Paul Dehn.
O filme foi un éxito comercial e da crítica. Recibiu seis nomeamentos na 47ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor actor (Finney), mellor actriz secundaria (Bergman), mellor guión adaptado, mellor banda sonora, mellor fotografía e mellor deseño de vestiario. De todos os nomeamentos, Bergman foi a única gañadora.
Estreouse en galego o 14 de xullo de 1996 a través da TVG.[4]
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Albert Finney como Hercule Poirot
- Lauren Bacall como Mrs. Hubbard
- Martin Balsam como Bianchi
- Ingrid Bergman como Greta Ohlsson
- Jacqueline Bisset como Condesa Helena Andrenyi
- Jean-Pierre Cassel como Pierre Paul Michel
- Sean Connery como Coronel Arbuthnot
- John Gielgud como Edward Beddoes
- Wendy Hiller como Princesa Natalia Dragomiroff
- Anthony Perkins como Hector McQueen
- Vanessa Redgrave como Mary Debenham
- Rachel Roberts como Hildegarde Schmidt
- Richard Widmark como Ratchett
- Michael York como Conde Rudolf Andrenyi
- Colin Blakely como Cyrus B. Hardman
- George Coulouris como Dr. Constantine
- Denis Quilley como Antonio Foscarelli
- Vernon Dobtcheff como Concierge
- Jeremy Lloyd como A.D.C.
- John Moffatt como Chief Attendant
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ AFI Murder on the Orient Express Consultado o 27 de abril de 2020
- ↑ Can film-makers Carry On? Bell, Brian. The Observer 11 de agosto de 1974: 11.
- ↑ Boost for studios The Guardian 9 de xullo de 1975: 5.
- ↑ La Voz de Galicia, 14 de xullo de 1996. Páx. 87
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Asasinato no Orient Express na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1974
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Sidney Lumet
- Filmes baseados en obras de Agatha Christie
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes ambientados en 1930
- Filmes ambientados en 1935
- Filmes rodados en Turquía
- Filmes rodados en Francia
- Filmes rodados en Inglaterra
- Filmes de Elstree Studios
- Filmes ambientados en Istambul
- Filmes independentes do Reino Unido
- Filmes sobre asasinatos
- Filmes de 1974 con versión en galego
- Hércules Poirot