Asasinato de Shinzō Abe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asasinato de Shinzō Abe
Abe foi disparado preto da estación de Yamato-Saidaiji (imaxe da estación en 2012).
Coordenadas34°41′39″N 135°47′02″L / 34.694055555556, 135.78391666667Coordenadas: 34°41′39″N 135°47′02″L / 34.694055555556, 135.78391666667
Data8 de xullo de 2022
11:30 JST (UTC+9). (Nara, Xapón)
Tipo de ataqueMagnicidio
Arma(s)Arma de fogo improvisada[1][2]
MortosShinzō Abe
Sospeitoso(s)Tetsuya Yamagami
editar datos en Wikidata ]
Shinzo Abe en 2022.

O 8 de xullo de 2022, Shinzō Abe, quen foi primeiro ministro do Xapón, foi disparado e asasinado mentres daba un discurso de campaña preto da estación Yamato-Saidaiji de Nara, na prefectura de Nara, aproximadamente nas 11:30 a.m. JST (UTC+9).[3][4][5]

Asasinato[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 2022, Abe facía un discurso a prol de concelleiro Kei Satō, un candidato do Partido Liberal Demócrata que se presentou ás eleccións do domingo 10 de xullo. Abe foi disparado dúas veces dende detrás cunha arma improvisada,[1] posibelmente unha escopeta de dous canóns,[2] e colapsou. As feridas dos perdigóns eran o suficientemente profundas como para chegar ao seu corazón.[6][7][8][9]

Abe estaba consciente e comunicativo xusto despois de recibir o disparo. Foi trasladado a un hospital local por un helicóptero de emerxencia cunha ferida no lado dereito do pescozo e hemorraxia interna baixo o peito esquerdo e, segundo se informou, non tiña signos vitais cando chegou ao Hospital Universitario Médico de Nara en Kashihara.[9][3][10] Nunha rolda de prensa celebrada a partir das 14.45 horas, o primeiro ministro Fumio Kishida dixo que Abe estaba en estado crítico e que "os médicos [estaban] facendo todo o que [podían]".[11] Abe morreu no hospital ás 17.03 horas, unhas cinco horas e media despois do atentado.[12][13][14] Abe é o primeiro exprimeiro ministro xaponés en ser asasinado dende os asasinatos de Saitō Makoto e Takahashi Korekiyo durante o incidente do 26 de febreiro en 1936.[15]

Sospeitoso[editar | editar a fonte]

Tetsuya Yamagami (en xaponés: 山上徹也?), un home de 41 anos da cidade de Nara e exmembro da Forza Marítima de Autodefensa do Xapón dende 2002 até 2005, foi arrestado pola policía da prefectura de Nara na escena do atentado e foi transferido á Estación de Policía do Oeste de Nara. Os policías describírono cunha actitude pasiva e que non intentaba fuxir.[16][17][18] Yamagami dixo aos investigadores que estaba descontento co ex primeiro ministro e tiña intención de matalo.[19][20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kim, Chang-Ran (7 de xuño de 2022). "Shinzo Abe shot while making election speech in Japan". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Shooting of Japan's Ex-Leader Shocks Nation Where Guns Are Rare". Bloomberg News. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Man taken into custody after former Japanese PM Abe Shinzo collapses". NHK World. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  4. "Former Japanese PM Abe Shinzo showing no vital signs after apparently being shot". NHK World (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  5. Vidal Liy, Macarena (8 de xullo de 2022). "Asesinado a tiros el ex primer ministro japonés Shinzo Abe mientras daba un mitin en la calle". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  6. "Japan ex-leader Shinzo Abe apparently shot, in heart failure". Associated Press. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  7. "Shinzo Abe, former Japan prime minister, shot during speech – report". TheGuardian.com. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  8. Sim, Walter (8 de xullo de 2022). "Japan's ex-PM Shinzo Abe collapses in Nara after being shot, shows no vital signs: Media". The Straits Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 Yeung, Jessie; Mogul, Rhea; Regan, Helen (2022-07-08). "Bullet that killed Abe was "deep enough to reach his heart," medical officials say". CNN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-08. 
  10. Nakamaru, Ryotaro (7 de xullo de 2022). "Former Japan PM Abe Unconscious After Shooting; Man in Custody". Bloomberg News. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  11. "Shinzo Abe shot: former Japan prime minister in critical condition, says PM Kishida – live updates". the Guardian (en inglés). 2022-07-08. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-08. 
  12. "安倍氏は午後5時3分に死亡確認" [Mr. Abe confirmed dead at 5:03pm] (en xaponés). Kyodo News. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  13. "Shinzo Abe: Japan's ex-leader dies after being shot - local media". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  14. "安倍晋三元首相死亡 奈良県で演説中に銃で撃たれる" [Former Prime Minister Shinzo Abe dead, shot while giving a speech in Nara Prefecture]. 日本放送協会 (en xaponés). 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  15. Landers, Peter. "Shinzo Abe Shooting Recalls Japan's Prewar History of Political Violence". The Wall Street Journal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  16. "Former Prime Minister Shinzo Abe unconscious after being shot in Nara". Japan Times. Kyodo News. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  17. 日本放送協会. "安倍元首相銃撃 41歳男"殺そうと思って狙った"【速報中】 | NHK" [Former Prime Minister Abe Shooter, 41-year-old man, “I intended to kill him.”]. NHKニュース (en Japanese). Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-08. 
  18. "【速報】山上徹也容疑者は元海上自衛隊員 安倍首相、心肺停止" [[Breaking news] Tetsuya Yamagami is a former Maritime Self-Defense Force member Prime Minister Abe, cardiopulmonary arrest]. FNN (en xaponés). Fuji News Network. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  19. "Police: Suspect 'intended to kill' former PM Abe". NHK. NHK. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  20. "Shinzo Abe: Explosives found at shooting suspect's home - reports". BBC news. 8 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022.