As tartarugas ninja (serie de televisión de 2012)
Aparencia
As tartarugas ninja[1] (en inglés: Teenage Mutant Ninja Turtles) é unha serie de televisión estadounidense de 2012 desenvolvida por Ciro Nieli, Joshua Sternin e Jennifer Ventimilia para Nickelodeon. Baséase nos personaxes creados por Kevin Eastman e Peter Laird. A serie comeza coas Tartarugas saíndo da súa casa nas cloacas por primeira vez, usando o seu adestramento en ninjutsu para loitar contra os inimigos na actual cidade de Nova York. A serie emitiuse nos Estados Unidos entre o 28 de setembro de 2012[2] e o 12 de novembro de 2017.[2]
A serie estreouse en galego o 17 de outubro de 2025 no Xabarín Club a través da tvG2.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "As tartarugas ninja". xabarin.gal. Consultado o 21 de outubro de 2025.[Ligazón morta]
- 1 2 Stransky, Tanner (6 de xullo de 2012). "Nickelodeon's 'Teenage Mutant Ninja Turtles' premiere date set". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022.
- ↑ "Podes chamalos quelonios ou sapoconchos, pero son tartarugas e ninjas e mutantes 🐢 Leonardo, Raphael, Donatello e Michelangelo xa están en xabarin.gal". @XabarinGal. 17 de outubro de 2025. Consultado o 21 de outubro de 2025.