As grandes bañistas (Cézanne, Londres)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As grandes bañistas
(Les Grandes Baigneuses)
ArtistaPaul Cézanne
DataCara a 1900-1905
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións130 cm cm × 195 cm cm
LocalizaciónNational Gallery de Londres.

As grandes bañistas é un cadro do pintor francés Paul Cézanne. Está realizado en óleo sobre lenzo. Mide 130 cm de alto e 195 cm de largo. Foi pintado entre 1900 e 1905. Actualmente, e dende a súa adquisición en 1964 grazas a unha axuda especial da Max Rayne Foundation, atópase na National Gallery (Londres, Reino Unido). Alí exhíbese co nome de Bathers (Les Grandes Baigneuses).

Análise[editar | editar a fonte]

Cézanne pintou reiteradamente bañistas, renovando o tema da muller no baño, facendo del unha construción moderna. Así o fixo a partir da década de 1870, en cadros no que os personaxes se funden coa natureza que os rodea: Bañistas (1874-1875, Nova York), Tres bañistas (1879-1882, París), Cinco bañistas (1885-1887, Basilea), Gran bañista (1885-1887, París).[1]

As versións posteriores do mesmo tema son de maior tamaño e nelas exáltase a forma xeómetrica e a cor: estas Grandes bañistas da National Gallery, Os bañistas da Barnes Foundation (Merion, Pensilvania), e As grandes bañistas de Filadelfia.[1]

O tratamento que dá aos espidos nunha paisaxe é completamente distinto ao dos mestres de séculos precedentes como Tiziano ou Poussin. Non se trata aquí de figuras mitolóxicas ou literarias. Tampouco as representa segundo os cánones da anatomía tradicional. Pinta ás bañistas en diversas posturas: unhas de pé, outras sentadas, outras deitadas.[2] Os corpos e mailas súas poses redúcense a elementos vivos que están xa preto da abstracción, e o mesmo cabe dicir da paisaxe.[3] As bañistas intégranse na natureza que as rodea.[2]

Emprega a técnica do «passage» ou transición de cor. Do verde escuro pasa ao verde claro e deste ao amarelo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carrassat (2005)
  2. 2,0 2,1 2,2 Cirlot (2007), pp. 158-159
  3. Lengerke (2005), p. 512

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]