As Ventelas, Lebozán, Beariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°29′58″N 08°15′25″O / 42.49944, -8.25694

As Ventelas
Eira e rua de As Ventelas.jpg
As Ventelas.
ParroquiaLebozán
ConcelloBeariz
Poboación18 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

As Ventelas é un lugar da parroquia de Lebozán, pertence ao concello de Beariz, da comarca do Carballiño (provincia de Ourense).​ No ano 2008 tiña dezasete habitantes (dez homes e sete mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O lugar das Ventelas linda ao norte coa estrada nacional N-541, que é a súa principal vía de comunicación, e a aldea das Antas, que pertence tamém a Beariz. Situada entre a serra do Cando e a serra do Candán, nunha das ladeiras do monte Marcofán, pertence á histórica comarca de Tabeirós - Terra de Montes. O rueiro das Ventelas confórmao unha única rúa.

Probabelmente o seu nome teña que ver co feito de que é unha zona na que ventea moito duranto todo o ano.[Cómpre referencia]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio material[editar | editar a fonte]

Mámoas da Bola.
Eira dos hórreos das Ventelas.

A necrópole megalítica da Bola está formada por dúas mámoas. No conxunto da Chancela hai varios petróglifos. Na eira hai varios horreos pertencentes a distintas familias, construídos na súa maioría en lousa. Hai tamén un muíño de herdeiros, restaurado, na estrada cara a Lebozán.

Hai unha abellariza nunha ladeira da parte mais moderna do lugar.

Cultura popular[editar | editar a fonte]

Hai un refrán que predí o tempo que vai facer ao día seguinte: "Rubio cara ao mar, vellos a solar, rubio cara a Ribeira, vellos na paneira".

No disco I é verdade, i é mentira do grupo Leilía, aparece a peza "Palabra de casamento".​

Camiño de Santiago​[editar | editar a fonte]

A sexta etapa do Camiño Miñoto Ribeiro[1], discorre polos montes das Ventelas.​

Patrimonio natural[editar | editar a fonte]

Cabalos salvaxes nas Ventelas.
Cabalos salvaxes na contorna das Ventelas.

Hai unha gran variedade de fauna nos montes que rodean á aldea, mas no mesmo lugar non é estraño ver ou escoitar diferentes epecies de aves, nocturnas ou diúrnas. A avifauna é variada, e habitualmente escóitase o gaio, o corvo, o pico verde, o cuco, o estorniño, a lavandeira branca, a avenoiteira, a avelaiona, os miñatos... Tamén hai mamíferos, e aínda que a súa presenza é máis habitual a última hora da tarde ou a primeira hora da mañá, hai corzos, cabalos e vacas bravas, xabarís, raposos ou teixugos. Entre os anfibios e réptiles están as salamandras, a víbora seoane, o lagarto das silvas... Entre a fauna, hai árbores como carballos, acivros, loureiros, bidueiros, castinheiros. Arbustos coma os toxos. Entre as flores pódese ver xacinto silvestre, tollemerendas...

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Camiño Miñoto Ribeiro: etapa 6: Pazos de Arenteiro - Soutelo de Montes". Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro.