As Ciencias e as Artes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Ciencias e as Artes
ArtistaAdriaan van Stalbemt
Dataentre 1607 e 1650
TécnicaPintura ó óleo sobre táboa
Dimensións117 cm × 89,9 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid, España España)

As Ciencias e as Artes é unha pintura ó óleo sobre táboa pintada entre 1607 e 1650 polo pintor flamengo Adriaan van Stalbemt.[1]

Descrición e interpretación[editar | editar a fonte]

Un grupo de sabios discute ao redor de varias mesas mentres que outro grupo de persoas contempla os cadros que hai colgados nas paredes da estancia.[1] A obra mostra no centro a dous personaxes contemplando un cadro no que se representa a destrución de obras de arte polos protestantes a finais do século XVI. Unha mesa de madeira ocupa a parte dereita da imaxe con álbums con gravados, mapas marítimos, escudos, medallas, compases e un globo terráqueo.[2]

A pintura pretende mostrar a protección que nos católicos Países Baixos españois se facía da cultura e das artes, mentres que nas protestantes Provincias Unidas do norte esta protección non existía.[1]

Versións do cadro[editar | editar a fonte]

Os arquiduques Alberte e Isabel visitando un gabinete de coleccionista de Jan Brueghel o Vello.

Existen ata cinco versións deste cadro.[3] Unha no Museo do Prado de Madrid,[1] outra na Galerie Kugel de París en 1988; a terceira foi rexistrada na Hawkins Collection de Londres en 1951; unha cuarta versión estaba na Galerie de Jonckheere en París no 2002 e a quinta no Galerie Robert Finck de Bruxelas en 1955.[3] As de Madrid e París atribúense a Adriaan van Stalbemt, aínda que hai dúbidas sobre isto.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Museo do Prado. "Las Ciencias y las Artes" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  2. Web Gallery of Art. "A Collector's Cabinet (detail)" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "THE PROPERTY OF A FAMILY - Hieronymus Francken II - A COLLECTOR'S CABINET" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Museo Nacional del Prado (1972). "Museo del Prado: catálogo de las pinturas". Madrid. 
  • Díaz Padrón, Matías (1975). Museo del Prado: catálogo de pinturas: escuela flamenca. Madrid. p. 381. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]