Saltar ao contido

Aryabhata (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Aryabhata (homónimos).
Aryabhata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Tipo de órbita
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
19 de abril de 1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Masa
   360 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/06byhz Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Aryabhata foi o primeiro satélite artificial fabricado pola India. O nome provén do matemático e astrónomo hindú Aryabhata (476 - 550). Foi lanzado pola antiga Unión Soviética a bordo dun foguete Cosmos-3M (Kosmos 11K65M) desde o Cosmódromo de Kapustin Yar o 19 de abril de 1975. O satélite foi fabricado pola Axencia India de Investigación Espacial (ISRO).

As operacións científicas do satélite consistían en experimentos sobre astronomía de raios X, o estudo das capas altas da atmosfera terrestre e sobre física solar. O satélite tiña forma de polígono de 26 caras, cubertas por paneis solares excepto a cara inferior a cara superior; a masa total do corpo era de 360 kg. Tras catro días en órbita, un fallo de enerxía inutilizou o satélite para proseguir cos experimentos, e aos cinco días de estar en órbita deixáronse de recibir sinais del.

A reentrada na atmosfera produciuse o 11 de febreiro de 1992.