Arxentiniformes

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Artigo principal: Osmeriformes.

A dos arxentiniformes (Argentiniformes) é, para algúns autores, unha orde de peixes teleósteos mariños icluída na superorde dos protacantopterixios.

Caractarísticas[edit | edit source]

Trátase dun primitivo grupo de peixes de alta mar, repartidos en dúas subordes, a dos Alepocephaloidei (coas familias dos Alepocephalidae, Bathylaconidae e Platytroctidae) e a dos Argentinoidei (coas familias dos Argentinidae, Microstomatidae e Opisthoproctidae). Os membros deste grupo comparten un número de caracteres internos osteolóxicos e outros. Teñen unha aleta adiposa, a aleta dorsal está máis atrás que a parte media do lombo e as marxes da mandíbula superior están formadas polos ósos maxilar e premaxilar.[1]

Clasificación controvertida[edit | edit source]

Pero moitos autores modernos non están de acordo sobre a composición e as relacións filoxenéticas deste grupo, e así tanto o WoRMS, como o ITIS e como a FishBase, baseándose en estudos recentes, clasifácanos, engadindo as familias dos Galaxiidae e os Retropinnidae,[1] dentro da orde dos osmeriformes.[2][3]

De feito, as bases de datos máis empregadas polos ictiólogos, dividen a superorde dos paracantopterixios nas tres ordes seguintes:

Notas[edit | edit source]

  1. 1,0 1,1 Dianne J. Bray: Order Argentiniformes en Fishes of Australia. Consultada o 30 de decembro de 2016.
  2. Eschmeyer, W. N. & Fricke R., eds. (2011): "Catalog of fishes. Updated internet version of 05 May 2011. Catalog databases of CAS cited in FishBase (website).
  3. Van Der Laan, R., Eschmeyer, W. N. e Fricke, R. (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa 3882 (2): 1–230.
  4. Protacanthopterygii no ITIS.

Véxase tamén[edit | edit source]

Biblografía[edit | edit source]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña).
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]