Arum italicum
Arum italicum | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Arum italicum é unha especie fanerógama da familia Araceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Planta vivaz, perenne, herbácea e rizomatosa de 25-40 cm cun rizoma horizontal de 2 cm. As súas follas son acusadamente saxitadas de máis de 20 cm, semellantes a lanzas, xa que os seus pecíolos chegan a medir até 25 cm. As flores aseméllanse a un acio pequeno de 1 cm e atópanse nun espádice que se diferenza do vermello-ocre do Arum maculatum en que é de cor amarela. Florece na primavera. Os froitos son bagas vermellas agrupadas nun acio.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Orixinaria da Europa mediterránea até a Asia central, é moi frecuente en sebes, ribazos e alamedas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Arum italicum foi descrita por Philip Miller e publicada en The Gardeners Dictionary:... oitava edición 8: 2. 1768.[1]
- Etimoloxía
Arum: nome xenérico do grego aron que significa "calor" e refírese ao feito de que estas plantas cando están en plena floración emiten calor. (característica particular do xénero).[2][3]
italicum: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Italia.
- Variedades
- Arum italicum forma majoricense (Chodat) Mus, Pericás & Rosselló
- Arum italicum forma purpurascens Pamp.
- Arum italicum subsp. gaibolense Mattei
- Arum italicum subsp. majoricense (Chodat) O.Bolòs, Masalles & Vigo
- Arum italicum var. concolor Beck
- Arum italicum var. facchinii (Porta ex Hruby) Engl.
- Arum italicum var. hercegovinum Beck
- Arum italicum var. immaculatum (DC.) Engl.
- Arum italicum var. immaculatum DC.
- Arum italicum var. intermedium Mutel
- Arum italicum var. maculatum Hoschede
- Arum italicum var. parvulum Borhidi
- Arum italicum var. yvesii Briq.
- Arum divaricatum Dulac
- Arum facchinii Porta ex Hruby
- Arum foetidum Salisb.
- Arum maculatum forma parvulum (Borhidi) Terpó
- Arum majoricense Chodat
- Arum modicense Sprenger
- Arum numidicum Schott
- Arum ponticum Schott
- Arum provinciale Sommier ex Hruby[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arum italicum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
- ↑ Motta, op. cit., Vol.1 - páx. 198
- ↑ en Nombre Botánicos
- ↑ Sinónimos en Eol
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.giftpflanzen.com Arum italicum