Arturo Mor Roig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arturo Mor Roig
Arturo Mor Roig.png
Nacemento14 de decembro de 1914
 Lleida
Falecemento15 de xullo de 1974
 San Justo
NacionalidadeArxentina e España
Alma máterUniversidade de Buenos Aires e Pontificia Universidade Católica da Arxentina
Ocupaciónpolítico
Mor Roig Arturo Firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

Arturo Mor Roig, político arxentino nacido en Lleida o 14 de decembro de 1914. Morreu asasinado por Montoneros o 15 de xullo de 1974 en San Justo, Provincia de Buenos Aires.

Mocidade[editar | editar a fonte]

Emigrou a Arxentina xunto aos seus pais, establecéndose en San Pedro, Provincia de Buenos Aires, onde Mor Roig pasou a súa mocidade. Graduado na Universidade de Buenos Aires, posteriormente realizaría o seu doutoramento en Ciencias Políticas na Universidade Católica Argentina. Se transladaría a vivir a San Nicolás de los Arrollos, onde se casou e tivo catro fillos.

Labor lexislativo[editar | editar a fonte]

Afiliouse á Unión Cívica Radical en 1939. Tras actuar como concelleiro en San Nicolás, foi electo senador provincial en Buenos Aires, cargo que desempeñou entre 1953 e 1955. Trala Revolución Libertadora que derrocou ao goberno do xeneral Juan Domingo Perón, o radicalismo dividiuse en Unión Cívica Radical del Pueblo (UCRP) dirixida por Ricardo Balbín de tendencia antiperonista, e a Unión Cívica Radical Intransigente (UCRI) dirixida por Arturo Frondizi con tendencia a conciliar co peronismo. Mor Roig tomou partido pola UCR del Pueblo, acompañando a Balbín nas eleccións de 1958, aínda que quen gañou finalmente as eleccións sería a UCR intransixente de Frondizi.

En 1958 Mor Roig resultou elixido deputado nacional exercendo o seu cargo ata 1962, cando foi derrocado Frondizi por un golpe de estado que se fixo notar en todas as provincias, e clausurou o congreso. Apoiou a Arturo Illia nas eleccións de 1963, cando volveu ser elixido deputado nacional e alcanzou a presidencia da Cámara dos Deputados, ata o novo golpe de estado de 1966, que instalou a ditadura do xeneral Onganía.

Labor ministerial[editar | editar a fonte]

Durante a presidencia de Alejandro Agustín Lanusse, ocupou o cargo de Ministro do Interior, sendo Mor Roig membro da mesa directiva do Partido Radical. Aceptou o cargo malia a oposición de Ricardo Balbín, e ata Raúl Alfonsín esixiu a expulsión de Mor Roig do Partido Radical.

A súa xestión como Ministro do Interior caracterizouse pola derrogación da Lei N° 18.975, que prohibía as actividades dos partidos políticos, coa posterior devolución dos bens aos partidos. Ademais, impulsou a creación da Cámara Nacional Electoral, e a sanción do Código Electoral incluíndo a convocatoria a eleccións xerais para o 11 de marzo de 1973. Impulsou o Gran Acuerdo Nacional, baseado no proxecto La Hora de los Pueblos, que buscou o diálogo e a saída electoral ao goberno militar.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Tralo seu paso polo Ministerio do Interior, retirouse da actividade política, mudándose á Cidade de Buenos Aires. Dedicouse a escribir artigos para o diario "El Día" da cidade de La Plata.

Mentres almorzaba nun restaurante de San Xusto, foi asasinado a mans de Montoneros, o 15 de xullo de 1974.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]