Arturo Regueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arturo López Reguerio»)
Infotaula de personaArturo Regueiro
Biografía
Nacemento21 de abril de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Caldas de Reis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3426

Arturo López Regueiro, nado en Caldas de Reis o 21 de abril de 1961, é un escritor, editor de banda deseñada, e profesor en Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén ten formación profesional como locutor, presentador e guionista de televisión.

Anos '80[editar | editar a fonte]

Nesta década editou e dirixiu xunto co debuxante Fausto Isorna o fanzine de cómic Valiundiez[1] e a revista cultural Das Capital.[2] Colaborou con diferentes programas de Radio 3, e traballou entre o 1986 e 1988 como locutor e guionista en Ràdio 4 de RNE.

Formouse como guionista e presentador de TV e colaborou puntualmente nalgún programa e nalgunha campaña publicitaria desta época.

Anos '90[editar | editar a fonte]

En 1993 gaña o accésit do Premio Esquío de poesía co poemario Cartografía, obra onde mestura imaxes cheas de ironía e erotismo, de referencias musicais e cinematográficas para describir o percorrido vital dun mozo labrego.

No ano 1998 gaña o primeiro certame Relatos con Clase da editorial Alfaguara co conto Un manancial na noite[3] no que describe unha mocidade abríndose camiño nun mundo incerto.

Publicou diversas colaboracións en diferentes medios escritos como Blas Espín, O Correo Galego, Revista Animal ou Luzes de Galiza. Colaborou tamén coa editorial Sotelo Blanco.

Primeira década do século XXI[editar | editar a fonte]

Nesta década adicouse a rematar a súa formación como guionista televisivo chegando a impartir varios cursos como formador. Colaborou puntualmente en programas de pequenas emisoras de radio como Radio Betanzos ou Radio Redondela e así mesmo con medios como Galicia Hoxe ou revistas como Grial.

Tamén ten participado con músicos de jazz nalgunha performance poética e forma parte do proxecto de jazz. Así mesmo, colabora con artistas plásticos como o escultor Álvaro de la Vega ou o fotógrafo Tino Viz co que publica o libro Galiza Cajun. Esta obra postúlase como unha revisión e reivindicación dos anteriores traballos publicados, como a escenificación de longas e demoradas teimas sobre unha Galiza mestiza, bizarra e non subvencionada, cambiante e permanente, que esmorece e só habita xa os recantos da memoria dos autores.

Regueiro escribiu ensaios ao longo dos anos '80 e '90 nas diferentes publicacións nas que ten colaborado, que falan dunha Galiza exiliada e esquecida de si mesma e só redimida pola forza da música e a imaxinación.

Apareceu nun documental sobre a historia do cómic en Galicia.[4]

Actualemete é profesor de Ética e Cidadanía no Instituto IES Agra de Leborís ( A Laracha ).

Obra literaria en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obra literaria en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Arturo Regueiro como personaxe[editar | editar a fonte]

Arturo Regueiro é personaxe recorrente (co seu nome e aparencias reais) nas dúas primeiras novelas de Anxos Sumai (Anxos de garda e Melodía de días usados[5]), na novela de Xurxo Borrazás Costa Norte/ZFK[6] e tamén en diferentes traballos dos poetas Xosé Luís Mosquera Camba e Iolanda Aldrei.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Valiundiez (1983) Revista ou comic-book BANDA DESEÑADA GALEGA". culturagalega.gal. Consultado o 2019-02-01. 
  2. "Das capital (1989) Revista ou comic-book BANDA DESEÑADA GALEGA". culturagalega.gal. Consultado o 2019-02-01. 
  3. "Cuatro profesores ganan el primer certamen Relatos con Clase", artigo en El País, 2 de marzo de 1999 (en castelán).
  4. "Axencia Audiovisual Galega". web.archive.org. 2012-02-04. Archived from the original on 04 de febreiro de 2012. Consultado o 2019-02-04. 
  5. "Melodía de días usados". culturagalega.org. Consultado o 2019-02-01. 
  6. "Arredor do Borrazás style". culturagalega.org. Consultado o 2019-02-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV.AA (1995) Diccionario da Literatura Galega. "Volume I: Autores". Vigo, Editorial Galaxia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]