Arturo García Rudiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo García Rudiño
Nacemento1877
Lugar de nacementoNoia
Falecemento31 de xaneiro de 1966
Lugar de falecementoNoia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, avogado, político e xuíz
editar datos en Wikidata ]

Arturo García Rudiño, nado en Noia en 1877 e finado na mesma localidade o 31 de xaneiro de 1966[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do avogado e xuíz municipal de Noia, José García Vidal (non confundir co homónimo cotobadés). Secretario do Comité liberal-democrático de Noia (1903), dirixiu La Defensa (1906). Foi concelleiro, xuíz municipal e secretario do concello de Noia. Era o home de José Calvo Sotelo en Noia. Foi nomeado deputado provincial en agosto de 1929 e alcalde de Noia en marzo de 1930[2]. Durante moitos anos foi presidente do Casino de Noia[3].


Predecesor:
Ramón Mariño Neu
 Noia.gif
Alcalde de Noia
 
1930
Sucesor:
Germán Vidal Barreiro


Notas[editar | editar a fonte]