Arturo Gallego Cruces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arturo Gallego Cruces
Arturo Gallego Cruces 1927.jpg
Nacemento14 de maio de 1898
 Luou
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, escritor e político
editar datos en Wikidata ]

Arturo R. Gallego Cruces, nado en Luou (Teo) o 14 de maio de 1898,[1] foi un mestre, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Gallego Montes.[2] Foi mestre en Luou e dende 1920 en Parderrubias. Colaborou con artigos e relatos en El Correo de Galicia, El Compostelano, Vida Gallega e Eco de Galicia. En 1919 publicou o conto en galego "O fillo do Zoqueiro" en El Correo de Galicia. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Salceda de Caselas e primeiro tenente alcalde. Logo da dimisión do alcalde Vicente Jiménez Guisado, foi nomeado alcalde en novembro de 1925.[3] Na República foi presidente do Comité local do Partido Radical.[4]


Predecesor:
Vicente Jiménez Guisado
 Salceda de Caselas.svg
Alcalde de Salceda de Caselas
 
1925 - 1929
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Parderrubias con Gabina Barros Fandiño en decembro de 1921.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933.
  2. El Noticiero Gallego, 4-12-1929, p. 2.
  3. El Uma, 24-11-1925, p. 4.
  4. El Pueblo Gallego, 15-8-1934, p. 10.
  5. El Compostelano, 31-12-1921, p. 2.