Arturo Fariña
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1873 Pontevedra, España |
| Morte | 18 de maio de 1926 Pontevedra, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, político |
Arturo Fariña Díaz, nado en Pontevedra en 1873 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1926[1], foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tipógrafo, instalou unha imprenta en Vigo. Militou no Partido Republicano. Fundou e dirixiu o periódico La Lucha en Vigo en 1898.[2] Foi procesado en febreiro de 1907 a instancias do bispo de Tui. En 1909 iniciou a publicación de Galicia Deportiva. Colaborou en Germinal.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Peregrina Barros Martínez, irmá de Benigno e Cándido Barros Martínez e foi pai de Arturo, Antonio e Emma Fariña Barros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arturo Fariña Díaz" en El Progreso, 18-5-1926, p. 3.
- ↑ "D. Arturo Fariña Díaz" en La Libertad, 20-5-1926, p. 3.