Articulacións interfalánxicas da man
Articulacións interfalánxicas da man | |
---|---|
articulationes interphalangeae manus Articulationes digitorum manus Articuli digitorum manus ![]() | |
![]() | |
Instancia de | tipo de articulación e clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | articulación da man, interphalangeal joint (en) ![]() ![]() |
Parte de | articulación da man ![]() |
Localización anatómica | falanxe da man ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Identificadores | |
Thesaurus do NCI | C32868 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A03.5.11.601 |
[ Wikidata ] |
As articulacións interfalánxicas da man son un conxunto de articulacións que artellan as falanxes entre si, unindo a falanxe proximal coa falanxe intermedia e esta coa falanxe distal. As articulacións máis superiores ou proximais (falanxe proximal e intermedia) son moi semellantes ás inferiores ou distais (falanxe intermedia e distal), pero posúen unha maior mobilidade.
Permiten movementos de flexión e extensión. A flexión prodúcea o músculo flexor común fondo dos dedos da man ao actuar sobre a articulación proximal e distal e a través do músculo flexor común superficial actuando sobre a falanxe proximal. O dedo polgar flexiónao o músculo flexor longo do polgar.
A flexión prodúcena nos dedos II a V os músculos interóseos da man e os músculos lumbricais. No caso do dedo polgar, exténdeo o músculo extensor longo do polgar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.