Arthur Malet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Malet
Nome completo Arthur Malet
Nacemento 24 de setembro de 1927
Lugar Lee-on-Solent, Hampshire, Inglaterra Inglaterra
Falecemento 18 de maio de 2013 (85 anos)
Lugar Santa Monica, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América
Profesión Actor (19561998)

Arthur Malet, nado o 24 de setembro de 1927 en Lee-on-Solent (Hampshire), e finado o 18 de maio de 2013 en Santa Monica, California, California, foi un actor inglés de cinema, televisión e teatro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou ós Estados Unidos na década de 1950, comezando no escenario e gañando dous premios Drama Desk en 1957. Acadou certa prominencia na década dos anos sesenta, protagonizando filmes nos que interpretaba personaxes maiores que a súa idade real, como Mr. Dawes en Mary Poppins.

Interpretou a Joe Fenwick nun episodio de 1972 de Colombo titulado "Daga da Mente".

Interpretou tamén a un ancián da aldea en Young Frankenstein de Mel Brooks en 1974 e a Tootles en Hook no 1991. Tamén fixo aparicións na televisión nas que destaca The Alfred Hitchcock Hour "O segredo de McGregor" (23 de novembro de 1964, data de emisión orixinal).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]