Artavasdes I de Armenia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II a. C. |
Morte | 115 a. C. |
Rei de Armenia | |
Datos persoais | |
Relixión | Mitologia armênia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastia artaxíada (pt) |
Fillos | Arshak I de Iberia |
Pais | Artaxias I de Armenia e Satenik |
Irmáns | Tigranes I |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 2, (p.144) |
Artavasdes I de Armenia (en armenio: Արտավազդ Առաջին), foi fillo do Rei de Armenia, Artaxias I de Armenia, e da raíña Satenik. Tras a morte do seu pai en 160/159 a. C., ascendeu ao trono de Armenia, territorio que gobernou entre os anos 160/159 a. C. e 115 a.C.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante o seu reinado, Artavasdes rexeitou varios intentos do Imperio Parto de invadir Armenia, pero foi derrotado por Mitrídates II, que anexionou os territorios que integraban Armenia do Leste e tomou ao seu fillo, Tigranes, como refén. Á súa morte foi sucedido no trono de Armenia por Tigranes I.
Segundo o historiador Cyril Toumanoff, Artavasdes foi o rei que, de acordo cos anais medievais xeorxianos, interferiu en Iberia a petición dun nobre local, e instalou ao seu fillo, Arshak, no trono da rexión. Dese modo Artavasdes puido ser o responsable da institución da Dinastía Artáxida de Iberia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rapp, Stephen H. (2003), Studies In Medieval Georgian Historiography: Early Texts And Eurasian Contexts, p. 282. Peeters Bvba ISBN 90-429-1318-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Artaxias I |
Rei de Armenia 160/159 a. C. – 115 a. C. |
Sucesor: Tigranes I |