Art Ross Trophy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Art Ross Memorial Trophy»)
O Art Ross Trophy.

O Art Ross Trophy é entregado ao xogador da National Hockey League (NHL) que liderou a liga en puntos anotados ao final da liga regular.[1] Foi presentado á liga polo ex xogador, General Manager, e adestrador Art Ross. O trofeo foi entregado 65 veces a 27 xogadores distintos dende a súa introdución na tempada 1947-48. Ross é tamén coñecido polo seu deseño do puck oficial da NHL, cos bordos lixeiramente biselados para un mellor control.

O actual posuidor do trofeo éJamie Benn, que anotou 87 puntos cos Dallas Stars na tempada 2014–15.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de puntuadores da NHL.

O Art Ross Trophy foi presentado á National Hockey League (NHL) en 1947 por Arthur Howie "Art" Ross, antido General Manager e adestrador dos Boston Bruins e ex xogador introducido no Hockey Hall of Fame.[1] Elmer Lach foi o gañador do primeiro Art Ross Trophy, que foi entregado ao finalizar a tempada 1947–48.

Xogadores dos Pittsburgh Penguins gañaron o trofeo en 15 ocasións (todas nun lapso de 26 tempadas entre 1988-2014); os xogadores dos Montreal Canadiens gañárono en nove ocasión; e xogadores dos Chicago Blackhawks gañaron o premio oito veces. Aínda que Joe Thornton, gañador do premio na tempada 2005-06, comezou a tempada xogando nos Boston Bruins, finalizouna cos San Jose Sharks, e o premio conta para os Sharks. Polo tanto, os Boston Bruins seguen aos Blackhawks con sete xogadores galardoados.

Dende 1963 ata 2001, Marcel Dionne e Bryan Trottier foron os únicos xogadores que gañaron unha única vez o premio ao máximo puntuador, mentres que Stan Mikita, Phil Esposito, Bobby Orr, Guy Lafleur, Wayne Gretzky, Mario Lemieux, e Jaromír Jágr o gañaron en múltiples ocasións. Durante dúas décadas, dende 1981 ata 2001, só tres xogadores gañaron o Art Ross Trophy: Gretzky, Lemieux e Jágr. A racha rematou cando Jarome Iginla gañou o trofeo en 2002.

Gretzky gañou o trofeo 10 veces, incluíndo sete consecutivas, durante a súa carreira de 20 anos na NHL. Gordie Howe e Lemieux gañárono en seis ocasións, mentres que Esposito e Jágr o conseguiron cinco veces cada un. Jagr, da República Checa, é o xogador non canadense que máis veces gañou o trofe. Gretzky é o único xogador que gañou o treofeo con máis dun equipo, mentres que Thornton é o único xogador que o gañou xogando para dous equipos nunha mesma tempada. Stan Mikita é o único xogador na historia da NHL que gañou os trofeos Art Ross, Hart e Lady Byng nunha mesma tempada, o que fixo en dúas ocasións (1966-67 e 1967-68). Orr é o único defensa que gañou o título ao mellor puntuador, facéndoo en 1970 e 1975, e o único xogador que gañou catro premios individuais ao gañar tamén os trofeos Hart, Norris, e Conn Smythe en 1970.[2]

En 2007, Sidney Crosby non só se converteu no xogador máis novo en gañar o Art Ross Trophy aos 19 anos, converteuse no xogador máis novo de todas as ligas profesionais americanas de calquera deporte en gañar o premio ao máximo anotador.[3] Con case o dobre da idade de Crosby, Martin St. Louis converteuse no xogador máis vello en gañar o Art Ross Trophy con 37 anos, tendo tamén o maior lapso entre a consecución de dous títulos (nove anos).Henrik e Daniel Sedin son os dous únicos inrmáns que gañaron o premio, en 2010 e 2011, respectivamente.[4] Dende 2001, só tres xogadores, Crosby, Evgeni Malkin, e St. Louis teñen gañado o premio en máis dunha ocasión: Crosby en 2007 e 2014, Malkin en 2009 e 2012, e St. Louis en 2004 e 2013.

As regras da NHL estipula tres criterios de desempate en caso de que dous ou máis xogadores estean empatados a puntos:[1]

  1. Xogador con máis goles.
  2. Xogador con menos partidos xogados.
  3. Xogador que anotara o primeiro gol da tempada.

Os empates en anotación apareceron nas tempadas 1961–62, 1979–80, e 1994–95, todos eles foron decididos polo primeiro criterio de máis goles anotados. O premio da NHL que recoñece ao máximo goleador, o Maurice "Rocket" Richard Trophy, non ten criterios de desempate, permitindo que haxa varios xogadores recoñecidos nunha mesma tempada.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Wayne Gretzky, gañador en 10 ocasións.
Gordie Howe, gañou o Art Ross Trophy seis veces.
Mario Lemieux, conseguiu o galardón en seis ocasións, catro delas consecutivas entre 1951 e 1954.[5]
Jaromir Jagr, posúe cinco Art Ross Trophy.
Stan Mikita, gañador en catro ocasión
Daniel Sedin (diante) e Henrik Sedin (detrás), teñen cada un un Art Ross Trophy.

     Xogador aínda en activo na NHL.

Gañadores do Art Ross Trophy
Tempada Gañador Equipo Puntos Galardóns
1947–48 Canadá Elmer Lach Montreal Canadiens 061 1 (2)[nota 1]
1948–49 Canadá Roy Conacher Chicago Black Hawks 068 1
1949–50 Canadá Ted Lindsay Detroit Red Wings 078 1
1950–51 Canadá Gordie Howe Detroit Red Wings 086 1
1951–52 Canadá Gordie Howe Detroit Red Wings 086 2
1952–53 Canadá Gordie Howe Detroit Red Wings 095 3
1953–54 Canadá Gordie Howe Detroit Red Wings 081 4
1954–55 Canadá Bernie Geoffrion Montreal Canadiens 075 1
1955–56 Canadá Jean Béliveau Montreal Canadiens 088 1
1956–57 Canadá Gordie Howe Detroit Red Wings 089 5
1957–58 Canadá Dickie Moore Montreal Canadiens 084 1
1958–59 Canadá Dickie Moore Montreal Canadiens 096 2
1959–60 Canadá Bobby Hull Chicago Black Hawks 081 1
1960–61 Canadá Bernie Geoffrion Montreal Canadiens 095 2
1961–62 Canadá Bobby Hull Chicago Black Hawks 084 2
1962–63 Canadá Gordie Howe Detroit Red Wings 086 6
1963–64 Canadá Stan Mikita Chicago Black Hawks 089 1
1964–65 Stan Mikita Chicago Black Hawks 087 2
1965–66 Bobby Hull Chicago Black Hawks 097 3
1966–67 Stan Mikita Chicago Black Hawks 097 3
1967–68 Stan Mikita Chicago Black Hawks 087 4
1968–69 Phil Esposito Boston Bruins 126 1
1969–70 Bobby Orr Boston Bruins 120 1
1970–71 Phil Esposito Boston Bruins 152 2
1971–72 Phil Esposito Boston Bruins 133 3
1972–73 Phil Esposito Boston Bruins 130 4
1973–74 Phil Esposito Boston Bruins 145 5
1974–75 Bobby Orr Boston Bruins 135 2
1975–76 Guy Lafleur Montreal Canadiens 125 1
1976–77 Guy Lafleur Montreal Canadiens 136 2
1977–78 Guy Lafleur Montreal Canadiens 132 3
1978–79 Bryan Trottier New York Islanders 134 1
1979–80 Marcel Dionne Los Angeles Kings 137 1
1980–81 Wayne Gretzky Edmonton Oilers 164 1
1981–82 Wayne Gretzky Edmonton Oilers 212 2
1982–83 Wayne Gretzky Edmonton Oilers 196 3
1983–84 Wayne Gretzky Edmonton Oilers 205 4
1984–85 Wayne Gretzky Edmonton Oilers 208 5
1985–86 Wayne Gretzky Edmonton Oilers 215 6
1986–87 Wayne Gretzky Edmonton Oilers 183 7
1987–88 Mario Lemieux Pittsburgh Penguins 168 1
1988–89 Mario Lemieux Pittsburgh Penguins 199 2
1989–90 Wayne Gretzky Los Angeles Kings 142 8
1990–91 Wayne Gretzky Los Angeles Kings 163 9
1991–92 Mario Lemieux Pittsburgh Penguins 131 3
1992–93 Mario Lemieux Pittsburgh Penguins 160 4
1993–94 Wayne Gretzky Los Angeles Kings 130 9910
1994–95[nota 2] República Checa Jaromír Jágr Pittsburgh Penguins 70 1
1995–96 Mario Lemieux Pittsburgh Penguins 161 5
1996–97 Mario Lemieux Pittsburgh Penguins 122 6
1997–98 República Checa Jaromír Jágr Pittsburgh Penguins 102 2
1998–99 República Checa Jaromír Jágr Pittsburgh Penguins 127 3
1999–2000 República Checa Jaromír Jágr Pittsburgh Penguins 096 4
2000–01 República Checa Jaromír Jágr Pittsburgh Penguins 121 5
2001–02 Jarome Iginla Calgary Flames 096 1
2002–03 Peter Forsberg Colorado Avalanche 106 1
2003–04 Martin St. Louis Tampa Bay Lightning 094 1
2004–05[nota 3] - - - -
2005–06 Joe Thornton Boston Bruins/San Jose Sharks 125 1
2006–07 Sidney Crosby Pittsburgh Penguins 120 1
2007–08 Alexander Ovechkin Washington Capitals 112 1
2008–09 Evgeni Malkin Pittsburgh Penguins 113 1
2009–10 Henrik Sedin Vancouver Canucks 112 1
2010–11 Daniel Sedin Vancouver Canucks 104 1
2011–12 Evgeni Malkin Pittsburgh Penguins 109 2
2012–13[nota 4] Martin St. Louis Tampa Bay Lightning 60 2
2013–14 Sidney Crosby Pittsburgh Penguins 104 2
2014–15 Jamie Benn Dallas Stars 87 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lach gañou un título ao máximo puntuador antes da introdución do trofeo, facendo deste o seu segundo título de máximo puntuador mais só o seu primeiro Art Ross Trophy.
  2. A liga foi máis curta a causa do lockout.
  3. A liga foi suspendida a causa do lockout.
  4. A liga foi máis curta a causa do lockout.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 National Hockey League (ed.). "Art Ross Trophy History" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 8 de xuño de 2015. 
  2. Legends of Hockey (ed.). "Bobby Orr – Biography" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2015. 
  3. National Hockey League, ed. (9 de abril de 2007). "Penguins' Crosby captures Art Ross Trophy as NHL scoring champion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2007. Consultado o 8 de xuño de 2015. 
  4. Aykroyd, Lukas (11 de abril de 2011). International Ice Hockey Federation, ed. "Daniel Sedin wins Art Ross". Archived from the original on 19 de outubro de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2015. 
  5. Legends of Hockey (ed.). "Honoured Players: Gordie Howe – Statistics, Awards & Career" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]