Arsia Mons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arsia Mons
Créditos: NASA/MOLA Science Team
Tipo de accidente xeolóxico Mons
Accidente xeolóxico de Marte
Diámetro 475 km km[1]
Altitude 20 km[2]( 9 km máis alto cós arredores do volcán[3])
Coordenadas 8,4 ° S 121,1 ° O[1]
Procedencia do nome Bosque lendario na antiga Roma.[1]

O Arsia Mons é o volcán máis meridional dos tres que forman o conxunto coñecido coma Tharsis Montes, na rexión montañosa de Tharsis, próxima ó ecuador do planeta Marte. Ó seu norte está o Pavonis Mons, e ó norte do anterior está o Ascraeus Mons. A maior montaña do sistema solar, o Olympus Mons, queda ó noroeste. O nome Arsia Mons provén dun accidente xeolóxico de albedo da área correspondente nun mapa de Giovanni Schiaparelli, Schiaparelli inspirouse no lendario bosque romano de Arsia Silva.

Mapa topográfico de Arsia Mons

O diámetro do Arsia Mons é de aproximadamente 435 km, e case 20 km de altura[2] ( máis de 9 km máis alto cás planicies que rodean o monte[3]), a caldeira mide aproximadamente 110 km de ancho.[4] A presión atmosférica no cumio do volcán está por debaixo de 107 pascals[5]. Despois do Olympus Mons, é o volcán máis grande en volume.

Un fenómeno meteorolóxico periódico ocorre cada ano ó comezo do inverno no hemisferio sur no Arsia Mons. Pouco antes do inverno, a luz solar quence o aire nas ladeiras do volcán. Ese aire sobe, levando consigo pequenas cantidades de po. Eventualmente ese aire quente ascendente xuntase na caldeira do volcán, onde o fino sedimento se compacta e se expande nunha nube de po en espiral, a nube despois de compactarse o sedimento é o suficientemente densa coma para ser observada dende a órbita do planeta. Esa nube de po en espiral sobre o Arsia Mons repítese cada ano, pero os modelos climáticos por computador indican que este fenómeno só ocorre nun curto período de tempo cada ano. Non se teñen observado nubes en espiral semellantes as do Arsia Mons noutros grandes volcán de Tharsis, aínda que si foron observadas outros tipos de nubes. A espiral de po sobre o Arsia Mons pode acadar entre os 15 a 30 km por riba do volcán.[6]

A caldeira do Arsia Mons foi formada cando montaña se colapsou despois de que a reservas de magma do interior se esgotaron. Hai moitas outras formacións xeolóxicas nas ladeiras do volcán que dan fe deste colapso.[7]

Posibles placas tectónicas[editar | editar a fonte]

Os tres Tharsis Montes, xunto con varios volcáns máis pequenos que están situados un pouco máis ó norte, forma unha liña bastante recta. Foi proposta a teoría que son o resultados de placas tectónicas, as cales forman na Terra as cadeas de volcáns asociadas con 'puntos quentes'.[8][9][10][11][12]

Glaciares[editar | editar a fonte]

Imaxe de mosaico do Arsia Mons en Mars

Estudos recentes evidencian a existencia de glaciares en Arsia Mons. Unha serie de cristas paralelas que son semellantes as morenas acumuladas por glaciares. Outra sección semella coma se o xeo medio fundido se filtrase no terreo, dándolle un aspecto nodoso. A terceira evidencia e que a parte máis baixa deste glaciares teñen lóbulos que semellan flotar sobre a superficie. Estas formación lobulares probablemente conteñan un núcleo de xeo cuberto dunha fina capa de rochas que protexerían ó xeo da sublimación.[13]

Posibles entradas a covas[editar | editar a fonte]

No ano 2007 foron identificadas a través de imaxes de satelite sete entradas a posibles covas nas ladeiras do Arsia Mons.[14][15][16] Estas entradas foron informalmente alcumadas coma Dena, Chloë, Wendy, Annie, Abbey, Nikki, Jeanne e semellan ser coma unha especie de 'claraboias' formadas polo colapso do teito das propias covas.

Imaxe da THEMIS das entradas das covas. Estes 'fuchancos' foron alcumados coma (A) Dena, (B) Chloe, (C) Wendy, (D) Annie, (E) Abby (esquerda) e Nikki, e (F) Jeanne.

A variación das temperaturas entre o día e a noite destas covas só é dun terzo respecto da temperatura dos terreos circundantes. Estas variacións son moito maiores que as detectadas en covas terrestres, e virían a confirmar que estas formacións son bastante profundas. Pola contra, debido á extrema altitude, é improbable que alberguen calquera tipo de posible vida marciana.[17]

Unha fotografía máis recente dunha desas entradas amosa a luz solar iluminando unha parede interna, suxerindo que estas formacións sinxelamente son covas verticais, no canto de entradas a un espazo subterráneo.[18] Por outra banda, a escuridade nestas formacións implica que coma mínimo teñen uns 78 metros de profundidade.

Notas[editar | editar a fonte]

Unha posible entrada á cova chamada ("Jeanne") en Arsia Mons
  1. 1,0 1,1 1,2 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Mons, montes: Arsia Mons on Mars". Consultado o 27-06-2011. 
  2. 2,0 2,1 http://photojournal.jpl.nasa.gov/catalog/PIA03799
  3. 3,0 3,1 Catalog Page for PIA02337
  4. Catalog Page for PIA03948
  5. Martian Weather Observation Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine. NASA MGS data 9.2 degrees S 238.2 degrees E 17757 meters 1.07 mbar
  6. Catalog Page for PIA04294
  7. Catalog Page for PIA03799
  8. ISBN 978-0-521-86698-9
  9. Sleep,, N. 1994. Martian plate tectonics. Journal of Geophysical Research. 99: 5639-5655
  10. ISBN 978-0-521-85226-5
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2011. Consultado o 27 de xuño de 2011. 
  12. Connerney, J. et al. 2005. Tectonic implications of Mars crustal magnetism. Proceedings of the National Academy of Sciences of the USA. 102: 14970-14975
  13. Cold-based mountain glaciers on Mars: Western Arsia Mons , James W. Head1 and David R. Marchant, Geology; July 2003; v. 31; no. 7; p. 641-644
  14. Themis Observes Possible Cave Skylights on Mars. G. E. Cushing, T. N. Titus, J. J. Wynne, P. R. Christensen. Lunar and Planetary Science XXXVIII (2007)
  15. Emily Lakdawalla (23-05-2007). The Planetary Society Weblog, ed. "Windows onto the abyss: cave skylights on Mars". Arquivado dende o orixinal o 26-05-2007. Consultado o 26-05-2007. 
  16. Emily Lakdawalla (30-08-2007). The Planetary Society Weblog, ed. "The cave entrance on Arsia Mons really is a pit". Arquivado dende o orixinal o 01-04-2012. Consultado o 27-02-2011. 
  17. Jet Propulsion Laboratory (ed.). "NASA Orbiter Finds Possible Cave Skylights on Mars". Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 22-09-2007. 
  18. David Shiga (30-08-20070). NewScientist.com news service, ed. "Strange Martian feature not a 'bottomless' cave after all". Arquivado dende o orixinal o 06-10-2008. Consultado o 27-06-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]