Arsenii Tarkovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArsenii Tarkovskii

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Арсений Тарковский Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1907 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Kirovohrad (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte27 de maio de 1989 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Doenza Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPeredelkino Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMoscova Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónTop State Courses in Literature (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , lingüista , tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioТарас Подкова Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTatyana A. Ozerskaya (en) Traducir (1951–)
Maria Tarkowska (en) Traducir (1928–1940) Editar o valor em Wikidata
FillosAndrei Tarkovskii
 () Maria Tarkowska (en) Traducir
Marina Arsen'jevna Tarkovskaja (en) Traducir
 () Maria Tarkowska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiOleksandr Tarkovksy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: a5a1f00b-04c7-4282-abc4-2ecbc1012d1a Find a Grave: 23980967 Editar o valor em Wikidata

Arsenii Aleksandrovich Tarkovskii (en {{lang-ru|Арсений Александрович Тарковский]]) (25 de xuño, 1907 - 27 de maio, 1989) foi un destacado poeta ruso. Os seus poemas aparecen nos filmes O Espello (1975) e Stalker (1978) dirixidos ambos polo seu fillo Andrei Tarkovskii, destacado director ruso.

Biografía[editar | editar a fonte]

Tarkovskii naceu en Elisavetgrad nunha familia de narodniks no 24 de xuño de 1907. Foi seu pai Aleksander quen inculcou o amor de Arsenii pola poesía, cando con só sete anos o levaba ás tertulias dos simbolistas Sologub, Balmont e Severianin. No 1924 trasladáronse a Moscova, e desde o 1924 ao 1925, escribiu para un diario de traballadores do ferrocarril chamado "Gudok."

Tarkovskii manexou unha sección que debía ter un editorial escrita en verso, iso era supostamente máis doado para os lectores que as ordinarias editoriais en prosa. Cada día, Tarkovskii debía escribir el esas editoriais ou encontrar alguén que o fixera. Convén dicir que a poesía deses editoriais non era usualmente de boa calidade.

Do 1925 ao 1929 estudou nunha Universidade do Estado para ser escritor. Ao mesmo tempo traducía poesía do turco, xeorxiano, armenio e do árabe.

Durante a segunda guerra mundial traballou no periódico da Armada Boevaia Trevoga (Alarma de Guerra).

Foi amigo de Marina Tsvetaeva, unha eminente poetisa rusa coetánea, e refírense a el nalgunha ocasión como o "último amor de Marina Tsvetaeva". Tras o suicidio dela en 1941, dedicoulle un ciclo de poemas. Foi correspondente de guerra na segunda guerra mundial, na que sufriu a amputación dunha perna.

Aínda que compuxo poesía durante toda a súa vida, non publicou nada ata chegar aos cincuenta. A partir desa idade publicou nove libros:

  • Перед снегом - Antes da neve (1962);
  • Земле земное - A Terra para o terrestre (1966);
  • Вестник - Mensaxeiro (1969);
  • Стихотворения - Versos (1974);
  • Зимний день - Día de inverno (1980);
  • Избранное - Traballos escollidos (1982);
  • Стихи разных лет - Versos de diferentes anos (1983) - unha compilación dos seus últimos versos;
  • От юности до старости - Da xuventude á vellez (1987)
  • Благословенный Свет - A Luz Bendita (1993 -póstumo).

Viviu sobre todo en Moscova e en Peredelkino e morreu o 27 de maio do 1989 en Moscova. No 1989 foi galardoado co Premio Estatal da URSS.

Poesía[editar | editar a fonte]

Os poemas mais famosos son quizais:

  • Жизнь, Жизнь (Vida,Vida)
  • Первые Свидания (Primeiros encontros)

Estes dous son considerados por algúns críticos como parte das mellores poesías escritas en ruso no século XX.

Tamén son moi coñecidos:

  • С утра я тебя дожидался вчера...
  • "25 ИЮНЯ 1935
  • Отнятая у меня, ночами...
  • Если б, как прежде, я был горделив...

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]