Arquitectura dzong (en tibetano: རྫོང་, en transliteración Wylie: rDzong) é o nome dado ó estilo no que se construíron unha serie de fortalezas-mosteiro nas rexións do sur do Himalaia, especialmente en Bután.[1] Os espazos, patios e edificios, quedan definidos por unha construción masiva de muros pautados con torres. Estas fortificaciones construíronse con fins militares, relixiosos (servían de fogar a monxes budistas), e administrativos.
Os dzongs existen dende os primeiros séculos do segundo milenio, aínda que a súa época de esplendor foi o século XVII.
En Bután os dzongs forman parte da súa organización territorial, constituíndo un caso particular no mundo actual. Cada dzong está á cabeza dun distrito, e no seu interior están repartidos os tres poderes: executivo, lexislativo e xudicial. Ademais, é sede tanto do goberno político como do relixioso (budista).[2]
Amundsen, Ingun B (Winter 2001). "On Bhutanese and Tibetan Dzongs"(PDF). Journal of Bhutan Studies5: 8–41. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 05 de outubro de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2019.